Como superar o dó pola morte dun pobo? Como racionalizar a extinción da propia identidade? Por medio destes relatos encadeados, o autor recoméndanos a dieta saudábel do tropo e da retranca para dixerir sen resignación a orquestrada decadencia de Cerdedo, funesta metáfora do país galego.
N’A gran mortaldade resoa o urro da fera confinada no último reduto, ferida e acurralada. Raianos co precipicio, apenas caben dúas alternativas: honrar a saudade dos despoxos ou voar, impulsándonos coas ás da nosa fénix milenaria.