A LUZ CO TEMPO DENTRO

A LUZ CO TEMPO DENTRO

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
SOCIEDAD Y CULTURA: GENERAL
ISBN:
978-84-9151-838-9
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MEMORIA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

16,50 €
Comprar

A luz co tempo dentro pode lerse como un constante balanceo entre dúas realidades
que interpelan e que nos mobilizan. A pulsión e revelación da existencia,
por un lado. Polo outro, a poderosa sede de plasmarse e autorrealizarse nos
planos da ficción. Sempre máis próximo da terra que se pisa que da entelequia de ceos
arelados, o autor é consciente de que unha elevada porcentaxe da xente apenas pode
satisfacer a fame, collida na cadea de patróns invisibles, de estafadores que ninguén controla,
de escravistas sen freo e de negreiros que a axeonllan e a atan á ruína.
O escritor sintoniza nestas páxinas cun grupo dos mellores intérpretes da terra e
non casualmente aduce referencias de temas e de autores, da man dos cales, con reiteración,
confesa: “O voluntario regreso ao ser da terra, a ese natural ritmo do tempo e
das sazóns, significou acaso a etapa máis serena, harmoniosa e fecunda da miña singradura.
Como unha recalada cando esa hora de ir recollendo velas se aveciña”.
XESÚS RÁBADE PAREDES (1949), profesor xubilado de Lingua e Literatura, iniciouse
moi novo no oficio da escritura con Xuntos cara o mañán (1969). En 1977 subscribe
o manifesto poético renovador Cravo Fondo. Autor de dilatada traxectoria,
cultiva a lírica, a narrativa, o ensaio e a tradución. Conta, entre outros recoñecementos,
cos premios Manuel Antonio, Galicia da Universidade de Santiago, Esquío, Álvaro
Cunqueiro e Blanco Amor. Unha parte esencial da súa obra foi publicada pola Editorial
Galaxia: A terra prometida, Saraverde, Branca de Loboso, As sombras do Barroco,
A palabra secreta, Mentres a herba medra e Memoria do corpo.

Otros libros del autor

  • CALDALOBA EN TERRAS DE VALVERDE
    Titulo del libro
    CALDALOBA EN TERRAS DE VALVERDE
    RÁBADE PAREDES, XESÚS
    En la histórica y hoy lamentablemente olvidada Torre de Caldaloba (Cospeito, Lugo), resistió a las tropas castellana...
    RECÍBELO EN 72H

    9,50 €

  • MEMORIA DO CORPO
    Titulo del libro
    MEMORIA DO CORPO
    RABADE PAREDES, XESUS
    Dentro de si mesmo, como debe de facer o poeta. É, sen dúbida, o seu mellor logro. E a frase non é arriscada. Así o ...
    Disponible en 5 días

    11,60 €

  • SARAVERDE
    Titulo del libro
    SARAVERDE
    RÁBADE PAREDES, XESÚS
    O diálogo que establece un recluta desde o campamento con Saraverde, a rapaza dos seus soños. Unha historia dura, co...
    Disponible en 5 días

    15,60 €

  • A PALABRA SECRETA
    Titulo del libro
    A PALABRA SECRETA
    RÁBADE PAREDES, XESÚS
    Hai nesta novela unha reflexión constante sobre o idioma desde o mesmo proceso de escritura, co propósito de transmi...
    Disponible en 5 días

    18,20 €

  • A TERRA PROMETIDA
    Titulo del libro
    A TERRA PROMETIDA
    RÁBADE PAREDES, XESÚS
    Un emigrante galego na Europa dos anos sesenta lembra a súa infancia na aldea e a relación cunha noiva da cal se ten...
    Disponible en 5 días

    9,30 €