A MELANCOLIA DOS CORPOS

A MELANCOLIA DOS CORPOS. EDICION FACSIMIL POESIA SOLASTER

Editorial:
SOCIEDAD CULTURAL VALLE-INCLÁN
Año de edición:
Materia
ESTUDIOS LITERARIOS
ISBN:
978-84-92597-01-7
Páginas:
132
Encuadernación:
CARTONÉ
Colección:
SOLASTER
Disponibilidad:
En stock

120,00 €
Comprar

En torno a la poesía de Xulio López Valcárcel, por Miguel Carlos Vidal
Publicado o 10 Outubro 2011 por xuliolopezvalcarcel

La provincia de Lugo, en el pasado siglo XX, le dio a Galicia gandes poetas: Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro, Aquilino Iglesia Alvariño, Uxio Novoneyra, Luz Pozo Garza, Manuel María… A dichos nombres vino a sumarse, por indiscutibles y muy reconocidos méritos propios, el de Xulio López Valcárcel, nacido en 1953.

A melancolía dos corpos, de Xulio L. Valcárcel

Somos o que recordamos

Porque “somos o que recordamos” (p. 34) vivimos para ser. As experiencias rememoradas defínennos no inquérito permanente de perguntármonos quen somos. A nosa fórmula persoal é a cartografía do camiño andado, que através do filtro da memoria recuperamos e facemos presente imperfectamente. Si, os arquivos gardados son recuperados, inevitabelmente, de modo incompleto. Porén, os corpos son o único vestido con que nos proveron para viaxar e nel cada marca, cada cicatriz, cada ruga é testemuño daquilo que foi abandonado. Porque a vida é un percurso en que unha vida se deixa atrás.
Así o pulso sensíbel de Xulio Valcárcel deseña para nós unha colección de estampas en que a visión das raparigas, dos vellos, da amante ou da nai nos ofrece como desde un panóptico unha reflexión sobre amor nacido e a eternidade do amor. Son os poemas unha sorte de fotografías perfumadas das que non lembramos quen eran todo os que alí figuran, e nós impotentes para revivir o pasado en toda a plenitude experimentamos a melancolía dos tempos idos. Aquilo que foi real agora é un mundo de “criaturas ensoñadas” que “deitan un perfume discreto” (p. 32). Deste modo a melancolía é o verniz que dá brillo ás valiosas ruínas do vivido, alfaias que evocan a intensidade dun sentimento puro que perdura na memoria e que significa moito alén da súa fragmentariedade. Unha melancolía destilada desde a madurez que fornece unha reflexión sobre a vida como proceso en que a emotividade, algo eminentemente corporal, evolúe para a procura da verdade (“As palabras que son verdade no poema”, p. 9), como cando a pulsión erótica da xuventude é reinterpretada
"Cántaro ou corpo", poema de Xulio L. Valcárcel

“Cántaro ou corpo”, poema de Xulio L. Valcárcel

como enerxía de poder gnóstico (“Cántaro ou corpo / revelación”, p. 17). Así todas as imaxes sentidas e arquivadas na memoria son recreadas literariamente para xerar símbolos existenciais que iluminan a experiencia universal do amor e do tempo, o seu antagónico. É como se o poeta tirase da mochila as vellas pedras apañadas no camiño e as esculpise ante nós como inéditas ruínas. As ruínas dun pasado modeladas de tal modo que significan polo que son e polo que lles falta, suxerindo o inaprensíbel através da súa inevitábel parcialidade. Cada poema unha Venus de Milo repleta de beleza e incógnitas.
A lingua literaria utilizada elude a retórica para mostrar unha visión poética directa en que o sentimental resulte resaltado. O poeta traballa no atelier interior o recordo, e as pedras preciosas que labra son expostas sen vitrina, coa telúrica naturalidade dun “mar que se desalga” (p. 12) perante os nosos ollos e nos permite coñecer da natureza os seus “significados ocultos” (p. 57). Porque a vida sen beleza é desamparo, o poeta fala da vida entregándonos a verdade rescatada do “barro do naufraxio” (p. 61), a verdade que só vencellada á estética é capaz de flotar e xa non se perder no esquecemento para sempre, unida indisolubelmente á “beleza recollida / no tremor dalgún verso” (p. 51). -

Notas:
1. As imaxes corresponden a unha edición especial da Sociedade de Cultura Valle-Inclán, con ilustracións de Laureano Davila Eirín e letra manuscrita do autor.
2. Esta reseña foi publicada no número 179 da Grial – Revista galega de cultura, en setembro de 2008.