A MERLA DE TRAPO

A MERLA DE TRAPO. AUTOR FERROLAN FERROLANO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
A PARTIR DE 9 AÑOS
ISBN:
978-84-9782-702-7
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MERLIN
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

12,95 €
Comprar

A merla de trapo, a obra de Antón Cortizas gañadora do Premio Merlín 2001, é unha historia de fadas pero que non ten fadas. A protagonista é Antonia, unha humilde costureira que traballa nas casas onde a chaman, a cambio da comida e dalgunhas moedas. Cando costuraba para os seus veciños, Antonia traballaba na súa casa da rúa das Pétalas, onde unha mañá pousou, na varanda da xanela, un merlo de ferro, un paxariño que tiña no peteiro un estorbo que lle impedía cantar. Antonia conseguiu que aquel merlo marabilloso, posuidor dun peteiro escintilante e dourado feito de raios de sol ben apertadiños, volvese cantar; retirándolle aquela xelatina de silencio, aquel cachiño de lúa que lle quedara pegado no peteiro. Ao cabo dun tempo, a costureira observou que o merlo cantaba cada vez durante menos tempo; mesmo un día apareceu cunha pequena póla de sen-ninguén, esa herba solitaria coa que o paxaro lle quería comunicar que estaba triste e se atopa só. A costureiriña, conmovida, decidiu proporcionarlle unha compañeira, ganduxar unha merla de trapo que o acompañase. Traballadora como era, cortou dúas siluetas iguais sobre un lenzo branco, encheunas de guata, coseunas con frío branco, forrounas con retallos de anoitecida, empregando os fíos que lle arrincara ás noites de lúa: a merla de trapo e o merlo de ferro axiña namoraron e comezaron a construír un niño de luz e sombra.
A Antonia a maxia quedáralle pousada nos dedos, os tres paxaros de cores do grandioso carballo aprendéranlle a ler, quedara invericada, moi invericada. E así, os efectos do seu quefacer eran imprevistos: os botóns que poñía nas blusas permitían saber a hora exacta que era, por que o temo quedara prendido nos ollas dos botóns, ou era quen de coser música sobre a chaqueta de maón do seu amado ferreiro. En A merla de trapo desfilan tamén outros contos de maxia, como o rei de moi mal carácter e ansias desmedidas de poder, con múltiples serventes, pero que non posuía esa capacidade humana de soñar.

Otros libros del autor

  • OS GRITOS DAS ILLAS LOBEIRAS
    Titulo del libro
    OS GRITOS DAS ILLAS LOBEIRAS
    CORTIZAS, ANTÓN
    Lino sufriu un ataque de poliomielite e por iso non puido ser mariñeiro. Pero o mar soñado será o escenario da súa a...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • O LAPIS DE ROSALÍA
    Titulo del libro
    O LAPIS DE ROSALÍA
    CORTIZAS, ANTÓN
    Rosalía ten seis anos. Cando fala, da súa boca saen bolboretas que pairan no ar moi alegres, dicindo palabras moi bo...
    RECÍBELO EN 72H

    11,95 €

  • XOGANDO CON GATOS
    Titulo del libro
    XOGANDO CON GATOS
    CORTIZAS, ANTÓN
    Constátase que hoxe en día os cativos e as cativas non brincan nin enredan coma se facía décadas atrás. É a mudanza ...
    Descatalogado

    16,50 €

  • LEONEL
    Titulo del libro
    LEONEL
    CORTIZAS, ANTÓN
    Leonel, a primeira novela xuvenil de Cortizas, narra a historia de Miguel, un xove estudiante que se despraza á alde...
    En stock

    14,50 €

  • TASTARABÁS
    Titulo del libro
    TASTARABÁS
    CORTIZAS, ANTÓN
    O xornal Faro de Vigo publicou no suplemento Estela unha reportaxe de J. A. Otero Ricart sobre Tastarabás, de Antón ...
    Descatalogado

    80,00 €