A POUTADA DO OSO

A POUTADA DO OSO

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-372-3
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

11,50 €

Enxergar é poñer todos os sentidos, mais os da intuición,
sobre o que nos arrodea: a sensibilidade. Cómpre pois enxergar
agora o que nestas liñas se nos conta sobre un anaco da
vida de Iván Marrube: unha terra, un tempo e unha acción.
Non podía ser doutro xeito, é esta unha homenaxe que Lois
Diéguez, en plenitude, fai a súa nación, Galiza, á Terra de
seu. Á Ribeira Sacra con capital en Monforte e a esa aldea a
cabalo do Courel dos tesos cumes, Salcedo. Por aquí o Oso
esperta polo Entroido e segue anunciando cada primavera.
O paso pola Coruña, con outras incursións, incluso a Malí e
á Tombuctú, capital da nación negada Tuareg, no corazón
do Sahara. O tempo é o noso, entre un e outro Entroido.
Na acción os personaxes, como enfermos, arrastran o debate
entre o rural e o urbano, entre o imperio e a nación, entre o
humanismo e a mercantilización. E os conseguintes efectos:
as contradicións, a crise de identidade, a anomía. Gabancioso
desvarío tras unha publicidade arrodeada de bixuterías, La
Coruña es Cielo... Guión cinematográfico con luz, sombras,
policromía, arrecendo a loureiro e tamén a gasóleo urbano,
cunha inquietante música de fondo, quizais de chirimía, a cabalo
da que cabalgamos sobre horizontes de montes e entre
urbanizacións impersoais en que cada día se acenden, arden
e apagan os sete pecados capitais. Sabor a filloa e a pizza?
e detrás de nós, a gadoupa, a sorpresa ancestral da Poutada
do Oso, o bater da identidade, construída por tradicións,
pescudas, innovacións, por relacións cun mundo que tamén
nos zuga, engole, uniformiza e escraviza. Lois Diéguez fende
tópicos, abre novos vieiros na Galiza das encrucilladas.

Otros libros del autor