A SILVEIRA

A SILVEIRA

Editorial:
RETRANCA EDITORA SL GARAXE HERMETICO
Año de edición:
Materia
NOVELAS GRÁFICAS
ISBN:
978-84-122411-5-0
Páginas:
384
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

35,00 €

Advertencia a navegantes , que non por obvia semella inútil nestes tempos de éticas líquidas , purezas esixidas e hipersensibilidades agresivas nos que vivimos: Kiko Da Silva leva sendo Kiko Da Silva máis de corenta anos . É un tipo polifacético , con matices , con contradicións ( coma calquera ) , coas súas teimas e as súas opinións .
A Silveira é un traballo de opinión e análise da actualidade , non un estudo historiográfico académico en fascículos diarios . Supoño que quen decida pagar o diñeiro que custe este libro non vai chegar de novas , pero mellor incluílo xa no prospecto .

Kiko Da Silva , nesta morea de viñetas que van compoñendo A Silveira , é mordaz , irónico , lúcido , vehemente , atinado , ocorrente . E o seu debuxo , aquí ao cento por cento ao servizo da idea , dunha eficacia rotunda. Non se me ocorre outro cualificativo máis apropiado para A Silveira ca o de brillante .

Otros libros del autor

  • APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ
    Titulo del libro
    APRENDE BANDA DESEÑADA CON FIZ
    DA SILVA, KIKO
    Fiz é o neno máis porco do mundo. Gústalle todo o escatolóxico, como falar coas cacas ou facer cadros abstractos con...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €