A TERRA CANTADA

A TERRA CANTADA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-9782-429-3
Páginas:
408
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

21,55 €
Comprar

Camilo Nogueira ofrece n' A terra cantada unha primeira antoloxía de oitenta dos seus textos políticos (intervencións parlamentarias, discursos, artigos e ensaios), escritos a maior parte deles nos últimos anos. Precedido por un limiar , "O comezo do mundo", o libro artéllase arredor de catro capítulos que son outros tantos eixos das preocupacións políticas do autor: o primeiro, "Provincia ou nación" (onde aborda as cuestións referidas ao desenvolvemento do movemento nacional galego); o segundo, "A memoria e a amnesia" (no que reflexiona sobre as contradicións existentes sobre o papel de Galicia, Cataluña ou Euskadi dentro de España); o terceiro, "Unha revolución histórica" (onde percorre e analiza os fitos decisivos do proceso constitucional europeo recente); e, por último, "O imperio declinante" (no que, dende a súa dilatada experiencia internacional, dá conta dalgúns dos acontecementos máis salientables da última década).
Nogueira ofrece un libro con unidade e grande coherencia pola súa intención explícita de propoñer ao lector como fío condutor unha reflexión sobre a construción do proxecto nacional galego nos últimos dous séculos. Interpretación ou lectura non tanto como a historia dun nacionalismo concibido como ideoloxía, senón como unha proposta de liberdade, progreso e independencia que, cos seus erros e os seus acertos, reflicte a procura do autogoberno para Galicia situarse como nación no mundo sen mediacións políticas estatais sacralizadas. Nogueira enuncia unha menxase esperanzada para unha Galicia con vontade de mudar a súa perspectiva histórica, reencontrándose como nación política, unindo a memoria do pasado co proxecto do futuro.

Otros libros del autor

  • UNHA NACIÓN NO MUNDO
    Titulo del libro
    UNHA NACIÓN NO MUNDO
    NOGUEIRA, CAMILO
    O texto de «Unha nación no mundo. A razón resistente» abrangue o acontecido en Galiza entre 1480 e 2010. Nunha prime...
    En stock

    29,45 €

  • PARA UNHA CRÍTICA DO ESPAÑOLISMO
    Titulo del libro
    PARA UNHA CRÍTICA DO ESPAÑOLISMO
    NOGUEIRA, CAMILO
    O primeiro ensaio, «O marco europeo da cuestión nacional», trata do proceso de estruturación dos estados e da emerxe...
    RECÍBELO EN 72H

    18,60 €

  • GALIZA NA UNIÓN
    Titulo del libro
    GALIZA NA UNIÓN
    NOGUEIRA, CAMILO
    No momento da entrada na CE, Galiza non contou cun estado propio, como o de Irlanda, sufrindo as determinacións polí...
    Disponible en 5 días

    19,95 €

  • EUROPA, O CONTINENTE PENSADO
    Titulo del libro
    EUROPA, O CONTINENTE PENSADO
    NOGUEIRA, CAMILO
    Defróntase agora a UE aos desafíos do pleno recoñecemento da diversidade nacional e da presenza no mundo como potenc...
    Disponible en 5 días

    21,95 €