A VIAXE DE BALDASSARE

A VIAXE DE BALDASSARE

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8302-583-3
Páginas:
456
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

28,50 €

Ano 1666, o ano do Anticristo. Agoireiros e iluminados percorren os camiños para anunciar que a fin do mundo está cerca. Na Apocalipse dise que o número da Besta é o 666 e no ano 1666, é dicir MDCLXVI, xúntanse tódalas letras da numeroloxía latina, que é outra das condicións da profecía. Ademais, en tódalas confesións hai un libro en que se profetiza o final dos tempos. Baldassare Embriaco, un comerciante de obxectos de arte e libros raros, descendente dunha vella familia xenovesa asentada no Líbano, vese envolto nesta voráxine fatídica. Baldassare amósase escéptico, consonte as Sagradas Escrituras: «o home non saberá nin o día nin a hora da fin do mundo antes de que esta sobreveña». Non obstante, emprende unha longa viaxe na procura do libro maldito, O centésimo nome, que tivo entre as súas mans pero que deixou escapar.
No Corán hai noventa e nove formas de chamar a Deus, pero había un centésimo nome, agachado, que, invocado serviría para gaña-los favores do ceo nestes momentos dramáticos en que se teme a fin do mundo. No seu periplo, durante o cal atravesará o Mediterráneo ata chegar a Londres, Baldassare cruza países en situacións límite, vilas incendiadas, comunidades expectantes... Atoparase co medo, a violencia, o engano, a desilusión e o infortunio, ó parecer relacionados coa presencia do libro buscado. Pero tamén achará co amor, sentimento que cría perdido para sempre.
A viaxe de Baldassare, levada a cabo o ano 1666, que rematou sen que dese chegado a fin do mundo, ten unha trama con múltiples elementos que fan dela unha novela moi actual: os temores milenaristas, os cabalistas que predín a fin dos tempos, o binomio da primacía racional fronte á emerxente tentación irracional... A novela de Maalouf é unha viaxe iniciática, de reaprendizaxe, na que abrollan os choques e as vías de comunicación entre as culturas do cercano oriente e dun occidente europeo que se prepara para debate-las ideas ilustradas.

Otros libros del autor

  • SAMARCANDA
    Titulo del libro
    SAMARCANDA
    MAALOUF, AMIN
    Tomando como hilo conductor los avatares de un manuscrito que, con el nombre de la mítica ciudad de Samarcanda, cont...
    En stock

    15,95 €

  • LAS CRUZADAS VISTAS POR LOS ÁRABES
    Titulo del libro
    LAS CRUZADAS VISTAS POR LOS ÁRABES
    MAALOUF, AMIN
    Basándose en los testimonios de los historiadores y cronistas árabes de la época, Amin Maalouf relata la historia de...
    RECÍBELO EN 72H

    15,95 €

  • IDENTIDADES ASESINAS
    Titulo del libro
    IDENTIDADES ASESINAS
    MAALOUF, AMIN
    Denuncia apasionada de la locura que incita a los hombres a matarse entre sí en el nombre de una etnia, lengua o rel...
    RECÍBELO EN 72H

    12,95 €

  • NUESTROS INESPERADOS HERMANOS
    Titulo del libro
    NUESTROS INESPERADOS HERMANOS
    MAALOUF, AMIN
    Alec, un dibujante de mediana edad, ha decidido vivir en un islote diminuto de la costa atlántica para encontrar des...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • LEÓN EL AFRICANO
    Titulo del libro
    LEÓN EL AFRICANO
    MAALOUF, AMIN
    La última luz de Al-Andalus, Granada, se ha extinguido con la victoria de los Reyes Católicos. Solimán el Magnífico ...
    RECÍBELO EN 72H

    13,95 €