Descuento:
-5%Antes:
Despues:
26,60 €Sinopse:
Daniel, un psicanalista arxentino de mediana idade, leva anos exiliado en París, dende o golpe de Estado encabezado por Videla. Afastado do seu pasado e sen volver nunca ao seu pais natal, vive unha existencia tranquila, aínda que marcada por certa apatía..., até que unha chamada inesperada fai tremer todo o que cria saber. O Banco Nacional de Datos Xenéticos da Arxentina atopou unha coincidencia positiva. Mais non se trata da súa irmá "Desaparecida": é a súa filla. O problema é que Daniel nunca tivo descendencia con ningunha das súas parellas. Podería tratarse dun erro do que está considerado o mellor departamento forense do mundo?
Esta revelación dá pé a unha historia sobre a memoria recente da Arxentina, os crimes da ditadura e a persecución sufrida por toda unha xeración de mozos idealistas que soñaron con transformar o seu país. Daniel terá que enfrontarse a aquilo do que leva fuxindo toda a vida, sexa o seu pasado ou mesmo a sía propia identidade, nunha nación que aínda arrastra demasiadas feridas sen pechar.