A VODA DO GALO PINTO

A VODA DO GALO PINTO

Editorial:
OQO
Año de edición:
Materia
ILUSTRADOS APRENDIZAJE
ISBN:
978-84-9871-738-9
Páginas:
40
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
COLECCIÓN O
Disponibilidad:
En stock

14,90 €
Comprar

Había tempo que Galo Pinto quería engaiolar a Xiana, e a vaca Gallarda fixo de casamenteira. O curral estaba revolucionado: as pitas poñían ovos para facer unha torta, os porcos cortaban flores, un coro de ovellas ensaiaba cancións para a cerimonia…
Unha voda case sempre é motivo de ledicia, por iso todos na granxa estaban contentos, todos menos a Raposa da Matogueira, que non podía toleralo. O galo críase superior; a súa única pretensión era obter agasallos e ter ao seu servizo unha criada para resolver as súas necesidades…
A raposa non deixaba de pensar niso: como podía casar “a súa nena de prata” cun galo tan fachendoso e interesado?.
Juan Alfonso Belmontes convídanos a reflexionar sobre valores e sentimentos, tecendo unha emocionante e singular historia de amor; un triángulo no que non faltan penas, ciumes, enganos, cobiza, enredos…