ACARICIANDO O CEO

ACARICIANDO O CEO

Editorial:
CONTOS ESTRANOS CONTOS ESTRAÑO CONTOS ESTRANHOS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-942971-4-4
Páginas:
154
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

15,00 €

Nunca pode ocultaba o nin a fonda polo Nepal. chamas perc espertando que s¢ vira Bazaar, a a palabras, c en min a ne O Himalaia acontecera, naquel diar dispostos a aventura qu esperanza d poderiamos

Ferrol é a sede dun dos certames literarios mais curiosos e singulares, o de textos de contraportada organizado pola asociación cultural Muíño do Vento de Canido enfocado principalmente a traballos de literatura infantoxuvenil. Un certame que vén de gañar, por segunda vez nas súas tres edicións, o narrador compostelán Fernando M. Cimadevila co texto de contraportada da súa obra “Acariciando o ceo” (Fofar das palabras).
Cimadevila impúxose aos finalistas, “Erik o construtor de soños”, de Kike Gómez e Dani Padrón; e “Pasen e Miren”, de Dani Padrón e María Canosa. O premio para Cimadevila consistirá nunha peza representativa do certame, obra da ceramista Susana González Amado. Ademais, a Asociación Muíño do Vento destinará a suma de 1000 euros para a compra de exemplares do libro gañador, que serán distribuídos entre os centros educativos de Canido que participan no certame literario escolar “Inventa unha flor”, organizado paralelamente ao Premio de Textos de Contraportada. O xurado do certame nesta ocasión estivo formado por María José Ces Rioboo, Carmen Cuesta García, Ánxeles Pernas García e Antonio Yáñez Casal, que actuou en calidade de secretario, con voz e sen voto.

como un "trailer"
Para o escritor compostelán, que verá publicado o libro esta mesma semana na Feira do Libro de Santiago e a partir de 15 días nas librerías, “o traballo dun texto de contraportada no ten que ser só unha sinopse do que se vai atopar o lector dentro. É máis sutil. Tes que ofrecer información, transmitir a esencia da historia e despertar interese pero sen desvelar moito o contido do que hai dentro. Podemos comparalo co trailer dunha película”.
Cimadevila, que acadou o galardón na súa primeira edición con “O mundo secreto de Basilius Hoffman”, recollerá o premio o próximo domingo 3, ás 12.00 horas, nun acto músical e festivo que terá lugar frente ao Centro Cívico de Canido en plena celebración dos Maios.
Neste acto actuará o grupo de baile Mario Escudero, o Colectivo Máxico Lorc & Julit, o coro de nenos e nenas participantes no certame literario escolar “Inventa unha flor” e o grupo Bite the Soul.

Otros libros del autor