Alba é moi especial.
Sábeo ela e sábeo todo o mundo.
Queres saber por que é TAN especial???
Autora
Villar Janeiro, Helena
Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá no ano 1940. Despois de rematar o bacharelato, fixo estudos de Maxisterio en Lugo e posteriormente licenciouse en Filosofía e Letras (Sección de Pedagoxía) na Universidade de Madrid. Como escritora cultivou varios xéneros, especialmente a poesía e a narración, pero dedicando unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil. No ano 1984 publicou unha novela para rapaces titulada Patapau. Despois foron aparecendo O día que choveu de noite, Vermiño, A canción do Rei e a novela Viaxe a Illa Redonda. No ano 1991 Galaxia editou O enterro da galiña de Domitila Rois, primeiro libro de Helena Villar dirixido ó público adulto.
En 2015 foi nomeada Socia de Honra de Gálix e recibiu a Letra E que lle concedeu a AELG.