AA.VV
Nesta Unidade faise unha análise das algas mariñas a través da súa definición, clasificación e taxonomía, nomenclatura científica, a auga do mar e os factores de distribución das algas bentónicas, a zonación e relación con outras comunidades do plancto e bentos, sistemática de microalgas planctónicas e de macroalgas bentónicas, elaboración dun algario, as purgas de mar e ficocultura e aproveitamento de macroalgas. Inclúe tamén unha descrición das diapositivas, un glosario e unha bibliografía complementaria.