ALGUÉN AO LADO

ALGUÉN AO LADO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-1110-763-1
Páginas:
352
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
En stock

17,95 €
Comprar

Luís leva unha vida triste e retirada, froito dun desengano amoroso na xuventude que o deixou marcado e o converteu nunha persoa «un tanto pusilánime e algo indecisa». Ata que un día, inesperadamente, acompañada dun billete de avión a Marrakech, recibe unha estraña mensaxe.
Esa é a chispa que lle acende de novo a existencia, a que esperta o ser sentimentalmente aletargado en que, co paso dos anos, se converteu. E con ela volve, sen remedio, a lembranza do intenso pasado ao lado do Iak e a Mar nun concello «rural e aburrido do interior», e mais o devezo por procurar as respostas que expliquen o camiño ata o seu errático presente.
«Alguén ao lado» é unha reflexión universal sobre a identidade, o desexo e a capacidade humana de reinventarse. Unha oda á amizade e á dificultade que teñen as persoas para amar e entenderse.
Xabier Quiroga mergúllanos nun mundo de extraordinaria sinceridade e profundidade emocional que, co paso das páxinas, nos vai descubrindo algo tan variado e fráxil coma o que chamamos, simplemente, vida.

Otros libros del autor

  • COA MAN ESQUERDA
    Titulo del libro
    COA MAN ESQUERDA
    QUIROGA, XABIER
    En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de fol...
    RECÍBELO EN 72H

    17,95 €

  • O BAILE DOS ESTORNIÑOS
    Titulo del libro
    O BAILE DOS ESTORNIÑOS
    QUIROGA, XABIER
    Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por ...
    RECÍBELO EN 72H

    24,95 €

  • EL CABO DEL MUNDO
    Titulo del libro
    EL CABO DEL MUNDO
    QUIROGA, XABIER
    Cuando la prestigiosa periodista de investigación Rhoda Gradwyn ingresa en Cheverell Manor, la clínica privada del ...
    RECÍBELO EN 72H

    20,90 €

  • LA CASA DEL NAZI
    Titulo del libro
    LA CASA DEL NAZI
    QUIROGA, XABIER
    El Fiscal Superior de Justicia de Galicia recibe un paquete que contiene, además de una carpeta con noticias de vari...
    Disponible en 5 días

    22,90 €

  • IZAN O DA SACA
    Titulo del libro
    IZAN O DA SACA
    QUIROGA, XABIER
    O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias...
    RECÍBELO EN 72H

    24,95 €