ANALISE E CÁLCULO NUMÉRICO

ANALISE E CÁLCULO NUMÉRICO

Editorial:
UNIVERSIDADE DE VIGO UNIVERSIDAD DE VIGO
Año de edición:
ISBN:
978-84-1188-092-3
Páginas:
209
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 72h

10,00 €
Comprar

Este manual recolle aspectos teóricos e prácticos relativos aos contidos básicos da Análise Matemática e do Cálculo Numérico que se abordan nos primeiros cursos da maioría de enxeñarías. Cabe resaltar, que en todos os capítulos se presentan numerosos exemplos convenientemente explicados, así como, unha sección de exercicios resoltos. Alén disto, a parte máis teórica vai acompañada de numerosas alertas e avisos, que pretenden dirixir a atención do lector sobre conceptos que adoitan xerar dúbidas ou sobre erros frecuentes que desexamos evitar. O manual comeza no primeiro capítulo cunha introdución ás propiedades das funcións de variable real e aos conceptos de límite e continuidade. Tamén se recolle unha primeira aproximación ao Cálculo Numérico detallando como se aproximan as raíces dunha ecuación usando o método de dicotomía. Outro método para aproximar raíces, Newton-Raphson, introdúcese no segundo capítulo onde se aborda o cálculo diferencial dunha variable. Non só se presentan as principais propiedades e regras de derivación, senón que tamén se detallan diversas aplicacións, como a regra de L’Hôpital