AO ABEIRO DA AMIZADE

AO ABEIRO DA AMIZADE. EPISTOLARIO 1926-1976

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-9151-639-2
Páginas:
438
Encuadernación:
Rústica
Colección:
MEMORIA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

28,30 €

Velaquí a correspondencia entre dúas figuras chave da cultura galega dos anos centrais
do século XX: Sebastián Martínez-Risco e Ramón Otero Pedrayo. Máis de cento cincuenta
cartas do autor de Trasalba e sesenta de quen foi presidente da Real Academia
Galega. Desde o ano 1926 até o 1976, en que morre Otero Pedrayo, os dous autores tratan
asuntos variados, nos que predominan a actividade cultural, fundamentalmente arredor da
Real Academia Galega, dos seus actos e iniciativas, xunto co proceso de elaboración das propias
obras e as súas peripecias editoriais. Non faltan aspectos íntimos e persoais que poñen
ao descuberto a calidade humana dos dous amigos: tristezas e alegrías por avatares familiares,
humildade e modestia ao rexeitaren honras e louvanzas, xenerosidade no cumprimento
de tarefas en prol da causa galeguista, conflitos e tensións coa sociedade do seu tempo, desinterese
por prebendas persoais. Un canto á amizade como refuxio durante a longa noite de
pedra, en pleno exilio interior