APROXIMACIÓNS A MANOEL ANTONIO

APROXIMACIÓNS A MANOEL ANTONIO. TEXTOS E CONTEXTOS

Editorial:
AXOUXERE
Año de edición:
Materia
ESTUDIOS LITERARIOS
ISBN:
978-84-948553-5-1
Páginas:
269
Encuadernación:
Rústica
Colección:
POLIMNIA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

18,00 €
Comprar

Con razón decía Baudelaire que proporciona certa gloria non ser comprendidos . A obra poética de Manoel Antonio , malia o tempo transcorrido desde a súa morte , segue a transmitir , como a do poeta francés , un certo halo de misterio , producido en gran parte porque non lle proporciona inmediatamente ao lector significacións últimas , definitivas . En efecto , a obra do rianxeiro , aínda examinada e lida con rigor , apunta sempre cara a un máis ala que non acada certezas absolutas . Lévanos , a súa lectura , aun eido no que a linguaxe é unha sorte de manifestación do ser como experiencia do pensamento e dunha comtemplación estética anovadora , crítica , non clasicista . Non obstante , a verdadeira transcendencia da palabra de Manoel Antonio non radica na creación dese eido da linguaxe nin no ton que o sacraliza e conforma ; a súa relevancia literaria reside na reflexión que proxecta sobre o propio acto creativo e sobre as dificultades conscientes de construír un texto espacializado e asemade un espazo textualizado . De aqui , da valoración desta complexidade , nacen as súas preocupacións metapoéticas e metacríticas , probablemente a faceta máis reveladora e interesante para deconstruír a poética do escritor e mariñeiro de Asados .....