AREANEGRA NA CASA ENCANTADA

AREANEGRA NA CASA ENCANTADA

Editorial:
POSITIVAS
Año de edición:
Materia
SOCIEDAD Y CULTURA: GENERAL
ISBN:
978-84-126995-5-5
Páginas:
142
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

15,00 €
Comprar

“… O 22 de xaneiro do ano 2023 cumpríronse 20 anos da realización dunha actividade escolar en que participou de xeito masivo a comunidade educativa galega, a Cadea Humana na Costa da Morte, organizada pola Coordinadora de Ensino Areanegra. Foi unha experiencia escolar única mediaticamente impactante, mais curiosamente case esquecida ou reducida a mera insignificancia polos relatos (históricos, políticos ou artísticos) que conmemoran aquel momento épico en que o pobo galego saíu a rúa, para reivindicar con creatividade, orgullo e dignidade un mar limpo de chapapote.

Mais tal empresa requiriu un inxente traballo previo completamente descoñecido para as persoas que non formaron parte da súa organización, traballo que se desenvolveu fundamentalmente nun local okupa, a Casa Encantada, na rúa Castrón Douro, en Santiago de Compostela, hoxe desaparecida. O obxectivo deste libro é dar a coñecer o desenvolvemento dese traballo organizativo, así como o resto das actividades deseñadas e organizadas polo colectivo Areanegra.