AS COLAREIRAS DO GROVE

AS COLAREIRAS DO GROVE. CREANDO XOAIAS COAS CUNCHAS AREAIS

Editorial:
TODOGROVE EDITORIAL TODO GROVE
Año de edición:
ISBN:
978-84-614-1094-1
Páginas:
120
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Agotado

15,00 €

As Colareiras do Grove: Pese á fonda tradición que este oficio ten na vila do Grove, son moi escasas as publicacións que fan referencia á labor que durante moitas décadas desenvolveron as colareiras na Illa da Toxa creando xoias coas cunchas que a marea abandona nos areais. Neste rigoroso traballo de investigación que se completa cunha valiosa escolma de fotografías dos últimos cen anos, Patricia Arias e Antón Mascato presentan unha visión poliédrica deste oficio, remóntanse ao pouco que se sabe das súas orixes e afondan nas transformacións que esta profesión moitas veces invisible foi sufrindo ata o día de hoxe.

Patricia Arias Chachero: Fixo estudos de Filoloxía galego-portuguesa. Foi bolseira na Fundación Otero Pedrayo. Exerce como profesora de Lingua e literatura galega. Actualmente é membro dos consellos de redacción da revista de pensamento feminista Andaina e de Longalingua, revista de lingua e sociedade. En ambas publicacións colabora con asiduidade. Xunto con Mónica Pazos Martínez preparou a edición dos dous tomos de Cartas á nai de Ramón Otero Pedrayo (Galaxia, 2007), nese mesmo ano editou unha Antoloxía comentada, centrada na vida e na obra da poeta María Mariño (Galaxia, 2007). Coautora do libro Lingua Galega e Literatura de 1º Bacharelato (Galaxia 2008) e de 2º de Bacharelato (Galaxia, 2009). Foi a coordinadora da edición do libro Mecas. A memoria das mulleres (IES As Bizocas, 2009), realizado polas alumnas e alumnos do IES As Bizocas de San Vicente do Grove, centro no que traballa.

Antón Mascato García: Estudou Filoloxía galego-portuguesa. Traballa no sector editorial, onde dirixe unha empresa, ademais ten exercido cargos directivos na Asociación Galega de Editores e na Federación de Gremios de Editores de España. Actualmente é membro da Comisión do Arquivo Sonoro do Consello da Cultura Galega, da xunta Directiva do Instituto de Estudos Miñoranos. É concelleiro de Cultura/Patrimonio histórico e Normalización lingüística no Grove. Ten publicadas as obras Paco del Riego. Unha historia de restauración cultural de Galicia (Cumio, 2005) e A Ruta do Mar de Arousa (Cumio, 2004). Xunto con Isaac Díaz Pardo e Vitor Freixanes foi co-director de Proxecto Século XXI no que foron publicadas obras de referencia como a Diciopedia, ou o Dicionario da Lingua Galega, entre outras das que tamén foi redactor. Participou como co-autor na edición da obra Laxeiro. Catálogo Universal (NovaGalicia, 2009) promovido pola Fundación Laxeiro.