AS DESTERRADAS

AS DESTERRADAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
TEATRO
ISBN:
978-84-9121-906-4
Páginas:
108
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

18,50 €
Comprar

Ao mosteiro de Albeos, situado entre as fortalezas de Melgaço en Portugal e a de Fornelos en Galicia, chega unha carta da raíña Xoana de Castela. A pequena comunidade de monxas vese sacudida por unha sentenza que, ao parecer, é xa inapelable e, escena a escena, vaise descubrindo a traxedia que estas monxas están a vivir.
As desterradas adéntrase no enfrontamento desatado entre a Coroa de Castela e os mosteiros bieitos galegos nos séculos XV e XVI. Unha historia de resistencia protagonizada por un pequeno grupo de monxas que mantiveron unha valente e desigual pelexa cos grandes poderes do seu tempo: a coroa e o papado.
A peza recrea eses días finais no mosteiro de Albeos, dos que non chegou documentación a nós porque, como o Padre Colombás deixou dito, os documentos comprensiblemente escasean porque ninguén ten interese en conservar papeis ou pergameos embarazosos. Lonxe quedaba o tempo no que os abades de San Bieito de Valladolid se queixaban amargamente do apoio da curia romana ás monxas galegas: cada hora nos dicen que nos han de destruir como los templarios, y aun por tales y peores nos tienen. Pues nuestro santísimo padre el Papa nunca nos llama sino herejes.

Otros libros del autor

  • FAISE O ESCURO
    Titulo del libro
    FAISE O ESCURO
    VARELA, CARME
    Case nunca as cousas son o que parecen. As persoas tampouco. Unha inocente cea cun vello coñecido pode abrir as port...
    Disponible en 5 días

    12,00 €