AS ESCUMAS DA LETRA

AS ESCUMAS DA LETRA. BIOBIBLIOGRAFÍA DE LUÍSA VILLALTA

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-9995-445-5
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

13,00 €

A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica, pódese percibir a evolución da escritora, a configuración da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e político, nun vencello particular coa lingua e a literatura, mais tamén co ensino público e sempre con Galiza. Nunha liña de coherencia absoluta entre vida e obra, o volume componse de dúas partes, pois os aspectos biográficos compleméntanse co estudo da extensa obra literaria.
Segundo unha cita textual da autora Esperanza Mariño, o feito de ser Luísa Villalta unha “escritora polifacética que desenvolveu os catro xéneros literarios -poesía, narrativa, teatro e ensaio- xunto coa tradución e o xornalismo sendo, ademais, prolífica, con certeza constitúe algo pouco habitual no mundo literario. Cómpre salientar unha faceta minimizada, como a do exercicio da crítica literaria que, a pesar de ter sido menos practicada, nela demostrou unha agudeza e precisión pouco usuais. Sen esquecer tampouco a cooperación na elaboración de manuais didácticos para o ensino secundario. As editoriais nas que publicou foron moi diversas, pero sempre se caracterizaron polo compromiso coa lingua e cultura galegas. Relacionado co anterior, estivo pronta a colaborar en publicacións periódicas ou volumes colectivos e mesmo en revistas en liña.”
En conclusión, o estudo pormenorizado e global garante unha imaxe fidedigna e completa de Luísa Villalta, como ser humano e como artista, do mesmo xeito que corrobora a súa importancia para a lingua e literatura galegas e, por extensión, para a cultura, alicerzada na escolla para o Día das Letras de 2024.

Otros libros del autor

  • FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA
    Titulo del libro
    FÍOS DE TRANSPARENCIA ACESA
    MARIÑO DAVILA, ESPERANZA L.
    A poliédrica figura de X. M. Beiras -economista, profesor, político, músico, ensaísta, narrador e tradutor-, referen...
    En stock

    19,95 €