AS MULLERES NA FILOSOFÍA

AS MULLERES NA FILOSOFÍA

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
FILOSOFIA
ISBN:
978-84-96526-48-8
Páginas:
136
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

16,55 €

A presente obra pretende tratar os dous aspectos implícitos na ambigüidade do seu título: as mulleres como obxecto e como suxeito do pensamento, é dicir, por unha banda, o que os filósofos pensaron sobre as mulleres, e, por outra, o que pensaron as mulleres cando accederon ao estudo da Filosofía. Inténtase, ademais, relacionar eses dous aspectos, xa que as mulleres filósofas pensaron, en primeiro lugar, sobre o que os filósofos tiñan pensado acerca delas; por iso, os seus primeiros pasos na filosofía foron respostas directas e argumentadas racionalmente aos prexuízos e ideoloxemas dos seus coetáneos. De aí que busquemos a un tempo reconstruír a conceptualización do feminino a partir dos textos dalgúns filósofos, pero tamén reconstruír unha xenealoxía feminina na historia do pensamento.

Así pois, na primeira parte de cada división histórica esbozamos unha pequena crítica da razón patriarcal, e no contrapunto que lle segue bosquexamos unha rápida historia da teoría e da práctica feministas, así como unha breve escolma de filósofas de cada época; todo isto co fin de visibilizar e recuperar un pasado necesario para iluminar a nosa identidade presente e para orientar o noso futuro. Porque, como di Hannah Arendt, a ausencia de memoria ou de tradición indica, a un tempo, a dificultade de conservar e a de innovar e, polo tanto, a imposibilidade de crear novos significados para o mundo. Cada novo fragmento que recuperemos dunha tradición que esqueceu deliberadamente o pensamento das mulleres obrigará necesariamente a re-pensarnos, a producir sentido, a reinterpretar o mundo e, como consecuencia, a transformalo.