AS ÚLTIMAS GALERÍAS

AS ÚLTIMAS GALERÍAS

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9865-619-0
Páginas:
204
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

19,00 €

Despois de variadas incursións na literatura infantil e logo de publicar dous libros memorialísticos, o autor de Vento de sal dá ao prelo esta novela de evocación coa que pescuda nos enigmas do pasado que, como borranchos que van perdendo senso coa distancia, precisan volver a ser decodificados e rescatados desa liña de sombra na que aparentemente parece acabar por ensumirse toda existencia.
Algunhas das mellores páxinas do Cáccamo prosista atópanse neste relato de ausencias recuperadas e presenzas que se perden nas galerías últimas da vida. A capacidade descritiva, que no poeta é intuición para os símbolos, no narrador transfórmase en potencia para dramatizar as situacións, para illar e extraer delas os elos da cadea argumental, a sintaxe narrativa dos momentos e das vivencias ancoradas nun pasado que a memoria da anciá protagonista case non logra reter.
O narrador, que simultaneamente é personaxe, debrúzase nas situacións, pois para Cáccamo, coma para Jean-Paul Sartre, a novela é un teatro de situacións. O relato elabórase a partir dunha indeterminación radical da situación, xa que tanto en Sartre coma en Álvarez Cáccamo, os feitos son irredutibles mais non determinan a existencia. O paradoxo da liberdade, como escribe Sartre, é que "só hai liberdade nunha situación e só hai situación pola liberdade"; a situación caracterízase pola súa continxencia e pola súa ambigüidade. Ao depender da liberdade, a inserción do significado na existencia fai que esta deixe de ser un longo río tranquilo, pois a través do senso a liberdade quere fixar unha relación co mundo que ha de ser necesariamente indeterminada para dar lugar ao porvir e para producir o mundo. Na novela de Álvarez Cáccamo, esa acción libre sobre o porvir reconstrúese cara ao pasado, o significado é a verdade que se lles quere escapar entre os dedos aos personaxes e, se cadra, se a novela é efectiva, tamén se lle ha escapar a quen le. Pois cómpre "conducira [...] vida por onde a levan as horas, sen proxecto, sen peso, sen medo".

Otros libros del autor

  • MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS
    Titulo del libro
    MINIATURAS E OUTRAS DIMENSIÓNS
    ALVAREZ CACCAMO, XOSE MARIA
    Esta colección de relatos organízase en dúas unidades, onde os formatos reducidos das “Miniaturas” contrastan cos má...
    RECÍBELO EN 48H

    16,50 €

  • ÁRBORE ARRIBA
    Titulo del libro
    ÁRBORE ARRIBA
    ALVAREZ CACCAMO, XOSE MARIA
    Árbore Arriba. Memoria das orixes es el título de la nueva obra del poeta, narrador y ensayista Pepe Cáccamo.Esta ob...
    RECÍBELO EN 48H

    17,00 €

  • UN HOME IMPUNTUAL
    Titulo del libro
    UN HOME IMPUNTUAL
    ÁLVAREZ CÁCCAMO, XOSÉ MARÍA
    Un home impuntual é un fermoso álbum protagonizado por un home absolutamente impuntual a quen lle gustaría deixar de...
    Consulte previamente la disponibilidad

    13,60 €

  • VENTO DE SAL
    Titulo del libro
    VENTO DE SAL
    ÁLVAREZ CÁCCAMO, XOSÉ MARÍA
    Xosé María Álvarez Cáccamo realiza o tránsito entre os textos de verbalización elíptica e crebada, en suxestión de á...
    Consulte previamente la disponibilidad

    14,70 €

  • TEMPO DO PAI
    Titulo del libro
    TEMPO DO PAI
    ÁLVAREZ CÁCCAMO, XOSÉ MARÍA
    Memoria fiel que parte da verdade persoal, o libro tamén acolle o testemuño da xente próxima a aquel acontecer vital...
    Consulte previamente la disponibilidad

    22,40 €