ATILA NO GROVE

ATILA NO GROVE. CRÓNICA POLÍTICA E MEMORIA DA MASACRE (1923-1948)

Editorial:
POSITIVAS
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-120184-6-2
Páginas:
402
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

22,00 €

A obra é o resultado de vintecinco anos de traballos de investigación en arquivos militares, expedientes de cárcere e ministerio de xustiza, fondos documentais de carácter histórico, hemerotecas, entrevistas persoais, fondos arquivísticos municipais... ata construir un relato que lle dá volta á historiografía oficial para poñer en valor a voz das vítimas da represión política exercida dende os poderes públicos nos anos anteriores e posteriores á guerra de 1936.

Pero é tamén unha crónica da evolución política no concello do Grove dende os anos anteriores á ditadura de Primo de Rivera (1923) ata 1948 no que se dan varios acontecementos que rematan coas ansias de normalización democrática e coa contestación ao franquismo. Cunha metodoloxía expositiva que procura a divulgación histórica o autor desta obra vai presentando os feitos de xeito que o que ocorre nas instancias do Estado teñan a súa referencia nos feitos que van sucedénsose na vida local dos grovenses.
Tendo en conta que se trata dun momento de enormes transformacións na vida política e social, moi marcado polas violencias reiteradas, Antón Mascato pon o foco nesa espiral violenta exercida por somaténs, militares, gardas, cívicos e falanxistas que actuaran dun xeito tan desproporcionado que só entre 1936 e 1938 ocasionaron vintecinco crimes coa finalidade de exterminar a contestación política aos sublevados contra a República. Sendo unha homenaxe a aquelas persoas que padeceron e unha achega dos considerados como perpetradores, por que non hai vítimas sen verdugos. A obra péchase coa referencia de case trescentas persoas do Grove identificadas con seu nome completo, alcume, idade, oficio e as imputacións polas que foron perseguidos, encarcerados ou asasinados, un número moi elevado considerando que O Grove tiña en 1936 uns sete mil habitantes.

Otros libros del autor

  • ATILA NO GROVE
    Titulo del libro
    ATILA NO GROVE
    MASCATO GARCÍA, XOSÉ ANTÓN
    Disponible en 5 días

    25,00 €