Lembro ben a primeira vez que a avoa Oliva me cambiou o nome. E así unhas veces son Adrián e outras Toño. A avoa está feliz e eu tamén. Sobre todo porque agora sorri moito máis, e ás veces canta cantigas que non conexo. Pois o que máis lle gusta á avoa, sen dúbida, é cantar. Mamá di que canta como a cotovía.