BAILARINA

BAILARINA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8302-405-8
Páginas:
232
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

19,50 €

Bailarina desenvolve a súa acción no século XXII, no Ano Terrestre 2120. Manuel Seixas crea un Universo de cores e emocións, ateigado de realidade virtual e submisión fronte ó establecido, no que, paradoxicamente aínda existen pequenas estrelas raras. Estrelas que brillan intensas nesta Bailarina, peculiar novela de ciencia ficción inzada de paixón e intriga, na que os personaxes tentan atopar a identidade persoal entre labirintos de información controlada, ou o sentido da súa existencia entre a loucura do amor e o desamor. Velaquí xentes que non son o que parecen, sentimentos enfrontados á razón fría da tecnoloxía máis depuarda, relacións que se entrelazan nun fondo de incerteza e desacougo, nunha especial mestura de enigmas, bágoas e acción.
Bailarina propón unha fantastica viaxe a través do espacio do corazón, unha inquietante e persoal visión do futuro, na que o lector pode xogar cos dados do azar á procura da solución para as eternas preguntas sen resposta.
Manuel Seixas construíu un Universo Bailarina, xa que a novela se completa cunha exposición de colaxes, obra de Xurxo Romero, "Imaxes para Bailarina" e cunha selección musical dos temas que se escoitan na novela que será acompañarán as presentacións que do libro se realicen nos próximos meses.

Otros libros del autor

  • TREVO. TRIOLOXIA DO OUTONO
    Titulo del libro
    TREVO. TRIOLOXIA DO OUTONO
    SEIXAS, MANUEL
    Trevo é unha triloxía poética de vida,morte e ausencia concentradas. Unha ollada íntima, sutil e crúa na procura do ...
    RECÍBELO EN 72H

    16,60 €

  • INTERFERENCIAS
    Titulo del libro
    INTERFERENCIAS
    SEIXAS, MANUEL
    Ela, María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores. Prepa...
    RECÍBELO EN 72H

    20,50 €

  • A VELOCIDADE DO FRÍO
    Titulo del libro
    A VELOCIDADE DO FRÍO
    SEIXAS, MANUEL
    A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha p...
    RECÍBELO EN 72H

    17,95 €

  • E-PUB: TREVO. TRILOXIA DO OUTONO
    Titulo del libro
    E-PUB: TREVO. TRILOXIA DO OUTONO
    SEIXAS, MANUEL
    Agotado

    8,00 €