BIOGRAFÍAS OBREIRAS DE FERROL II

BIOGRAFÍAS OBREIRAS DE FERROL II. BIOGRAFIAS OBREIRAS DE FERROL V. 2 GELINES PYSBE CC.OO. COMISIONES OBRERAS ALVAREZ ARECES ANEIROS CRIBEIRO ANEIROS SINDICALISTAS FERROLANOS

Editorial:
FUNDACIÓN 10 DE MARZO
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-939921-1-8
Páginas:
410
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,00 €

Fueron muchos los hombres y mujeres que en Ferrol y comarca, y desde sus puestos de trabajo, lucharon por la defensa de unas condiciones laborales dignas y se lanzaron a la conquista de derechos y libertades. Con el objetivo de recuperar la memoria de todos aquellos que tuvieron una parte activa en el movimiento obrero de la ciudad, la Unión Comarcal de CCOO en Ferrol auspició en 2006, y en colaboración con la Fundación 10 de Marzo, un trabajo en el que se han elaborado más de cien entrevistas y más de doscientas horas de grabaciones.


Tras la presentación en 2011 del primer volumen de “Biografías Obreiras de Ferrol”, con los testimonios de unos 20 protagonistas del movimiento obrero, mañana jueves se presentará, a partir de las 18.30 horas en la Fundación Novacaixagalica, el segundo tomo del trabajo realizado por Ton Blanco.

El autor, acompañado por la secretaria xeral da Unión Comarcal, Auri Vázquez, dieron a conocer ayer la nueva obra y anunciaron el acto de presentación al que han sido invitados los alcaldes de Ferrol, Fene, Mugardos y Narón; el presidente de la Diputación, Diego Calvo –la obra contó con la financiación del ente provincial–, el presidente de la Fundación 10 de Marzo; y el secretario general de Comisiones Obreras, Ignacio Fernández Toxo.

Testimonios
Este segundo volumen ofrece el testimonio de 41 hombres y mujeres, algunos ya fallecidos que, según destaca el autor en el propio libro, “nun contexto adverso como foi a ditadura franquista, souberon estar á altura das circunstancias e da historia: rebeláronse contra o totalitarismo e esixiron o seu lexítimo dereito ás liberdades, rompendo o silencio e as normas de obediencia e submisión que prevalecían para a maioría da cidadanía”.
Ton Blanco explicó que para la elaboración del trabajo se llevaron a cabo entrevistas en Ferrol, Fene, Franza, Mugardos, A Coruña, Pontevedra e incluso Gijón y Oviedo.
Editadas ya las 20 entrevistas del primer volumen y estas otras 41 del segundo, todavía existe material –otras 50 biografías– para un tercer volumen, cuya publicación dependerá, tal y com reconoció Auri Vázquez, del tiempo y de los recursos de los que se dispogan.

Denantes de nada quixera pedir perdón aos meus lectores por un desacerto cometido no meu artigo anterior, cando atribuín a Bruce Springsteen unha frase que non dixo. Se é verdade iso de dar ao Cesar o que é do César, tamén é de xustiza dar a Bruce o que é de Bruce. E dito isto, pasemos a outro tema.
Teno nas miñas mans o segundo volume das “Biografías Obreiras de Ferrol” editado pola fundación 10 de Marzo cuxo autor é Antón Blanco Carballo, libro que ven de ser continuación dunha primeira entrega que foi presentada hai como dous anos e que amosa os deveceres e vicisitudes de moitos dos homes e mulleres que, dun xeito ou de outro, sufriron persecución e represión por defender ata as últimas consecuencias uns valores sustentados nos piares da liberdade para, a traveso deles, chegar ao establecemento da democracia neste país, sumido entón nunha férrea ditadura. Foi aquela unhacorrente de oposición ao franquismo orixinado no movemento obreiro e apoiado logo por outros sectores da cidadanía. Non debemos esquecer que o movemento obreiro en Ferrol foi unha referencia no resto do Estado. A Empresa Nacional Bazán foi coma unha Universidade Popular onde os traballadores aprenderon a ter unha verdadeira conciencia de clase e a acadar dende a militancia política e sindical unha actitude vehemente diante dun sistema político que nos afogaba. As novas xeracións teñen moito que agradecer a ese homes e mulleres que pelexaron arreo por cambiar o rumbo dos acontecementos dende Bazán e dende outras empresas da comarca.
Vivimos nun tempo no que temos a sensación ( máis ben certeza) de que,dende a Administración, sepoñen trancas na roda que move o carro para a recuperación da memoria que nos leve cara a unha conciencia histórica que ten moi pouco que ver co que nos ensinaron na escola a aqueles que xa temos certa idade. Cada relato deste libro forma parte desa intrahistoria que, nalgúns lugares, aínda está sen escribir. É de xustiza recoñecer o sacrificio que toda esta xente fixo a prol da liberdade e este libro, coma o anterior, levanta acta do padecemento polo que tiveron que pasar para intentar acadar un obxectivo que, nun principio, semellaba utópico : opor forte resistencia ao réxime e restaurar o sistema democrático. Nin que dicir ten que a iniciativa do sindicato CC.OO, ao que pertencían moitos dos aquí entrevistados, foi decisiva á hora de publicar estes libros. Nun tema tan ambicioso e extenso resulta doado pensar que si son todos os que están pero non están todos os que son. O título “Biografías Obreiras” pódenos levar á crenza de que todos os protagonistas pertencen ao mundo obreiro, pero non é así exactamente. En calquera caso trátase dunha publicación necesaria para penetrar na nosa intrahistoria e coñecer así o noso pasado máis inmediato o que nos levará a entender mellor o noso presente. A intención dos promotores e dos editores é que, se as circunstancias son propicias, apareza un terceiro volume. E nesas están. Non queren que lles quede ninguén no tinteiro. Ardua e complicada tarefa, pero coa ilusión que teñen, seguro que acadarán o obxectivo. Honra, recoñecemento e agradecemento: é o menos que lles podemos dar a esa xente que coa súa loita fixeron que hoxe as cousas sexan distintas e mellores a pesares da que está caendo. Parabéns a todos os que o fixeron posíbel.
Xoán Rubia
Diario de Ferrol