BREVEDUME

BREVEDUME

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-9151-351-3
Páginas:
340
Encuadernación:
Rústica
Colección:
ENSAIO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

21,90 €
Comprar

(A vida feita anacos)
A Borrazás gústalle pensar que o autor deste libro é el, cando menos unha sorte de primus inter pares nunha táboa redonda na que sentan desde Epicuro a Andy Warhol pasando por Oscar Wilde, Pasolini e Josep Pla, entre moitos outros. Se na cuberta o único nome é o seu, débese a custións de espazo. Pola súa banda, é a economía do tempo a que artella e determina o percorrido das reflexións irónicas, os paradoxos elucidatorios e as certezas imperfectas anotadas desde 1998 a 2018. O libro segue un percurso: o da relación entre quen escribe -e cre que pensa- e o mundo, esa existencia estraña que o escritor ten diante e á que custa manterlle o paso, e o pulso, un mundo que o autor confronta unhas veces con delectación, outras con perplexidade, algunhas con xenreira. As máis, co humor dun desenganado a quen non lle falta achego polo que observa e como homenaxe ás posibilidades que xorden de combinar a razón e a imaxinación nun molde literario. Laiábase Talleyrand de que non dispuxera de tempo abondo para ser breve. O autor desta Vida feita anacos tívoo, velaquí vinte anos estrullados, dixeridos e deitados no papel, que a bo seguro han ter continuidade porque, mentres haxa abraio, haberá literatura.

Otros libros del autor

  • SER OU NON
    Titulo del libro
    SER OU NON
    BORRAZÁS, XURXO
    Na novela esborrállanse as fronteiras entre ficción e realidade. Un escritor, sexo en internet, unha aldea abandonad...
    RECÍBELO EN 72H

    18,20 €

  • ARTE E PARTE. DOS PATRIARCAS Á ARTE SUICIDA
    Titulo del libro
    ARTE E PARTE. DOS PATRIARCAS Á ARTE SUICIDA
    BORRAZÁS, XURXO
    Este libro ofrécese ao público como escenario de conflito, como problematización duns conceptos culturais tan asumid...
    RECÍBELO EN 72H

    19,50 €