BRILLANTE COMA O AMOR,NEGRO COMA A MORTE

BRILLANTE COMA O AMOR,NEGRO COMA A MORTE

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
979-13-87877-18-7
Colección:
NOVA
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-5%

Antes:

22,00 €

Despues:

20,90 €
Comprar

Brillante coma o amor, negro coma a morte narra a traxedia de dous amantes na súa última viaxe cara á execución. Baz («falcón»), un oficial de mediana idade, e Kevok («pomba»), unha moza idealista, viven un amor intenso e breve, marcado pola violencia e a fatalidade. Baz, o falcón disciplinado, reflexiona sobre a súa vida militar e os actos de violencia que quedan atrás. Kevok, a pomba aldraxada, convértese para el nunha fonte de amor, esperanza e, ao mesmo tempo, na súa pena de morte.

Mehmed Uzun (1953-2007), un dos creadores da literatura kurda moderna, viviu en Suecia dende o ano 1977 até que regresou a Turquía en xullo de 2006. Escritor multilingüe e multicultural, con obras publicadas en kurdo, turco e sueco, publicou sete novelas en kurdo que foron traducidas a moitos idiomas. Na primavera de 2001 xulgárono (e absolvérono) pola novela Brillante coma o amor, negro coma a morte e o libro de ensaios Flores de granada. Nese mesmo ano recibiu varios premios á liberdade de expresión por parte da Asociación de Editores Turcos, o Instituto Kurdo de Berlín e a Pluma da Liberdade Torgny Segerstedt, un dos premios máis importantes de Escandinavia. Faleceu a causa dun cancro de estómago.