CAPITÁNS AFOUTOS

CAPITÁNS AFOUTOS

Editorial:
CORSARIAS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-16121-89-2
Páginas:
167
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

16,00 €
Comprar

Joseph Rudyard Kipling, nado en Mumbai, daquela Bombai, o 30 de decembro de 1865 e falecido en Londres o 18 de xaneiro de 1936, foi un escritor e poeta británico nacido na India. Autor de relatos, contos infantís, novelista e poeta, é lembrado polos seus relatos e poemas sobre os soldados británicos na India e a defensa do imperialismo occidental así como polos seus contos para rapaces.

Algunhas das súas obras máis populares son a colección de relatos O libro da selva (1894), a novela de espionaxe Kim (1901), o relato curto "O home que puido reinar" (The Man Who Would Be King, 1888), publicada orixinalmente no volume The Phantom Rickshaw, ou os poemas "Gunga Din" (1892) e "If" (1895). Varias das súas obras leváronse ao cinema.

Masón, foi poeta de renome no seu tempo e foi galardoado co premio nacional de poesía Poet Laureateship en 1895, a Order of Merit e o título de cabaleiro da Orde do Imperio Británico (en tres ocasións), honras que rexeitou. Porén aceptou o Premio Nobel de Literatura de 1907, do que foi o primeiro gañador británico e o máis novo ata a data.
Índice

1 Traxectoria
1.1 Infancia
1.2 Como xornalista
1.3 Carreira como escritor
1.4 O cumio da súa carreira
2 Obra
3 Kipling e o cine
4 Topónimos outorgados en honra a Rudyard Kipling
5 Notas
6 Véxase tamén

Traxectoria
Infancia
Outeiro Malabar, vista de Mumbai na década de 1860.

Rudyard Kipling naceu o 30 de decembro de 1865 na cidade india de Bombai, actualmente chamada Mumbai, fillo de Alice Kipling e John Lockwood Kipling. A súa nai levaba unha vida intensa e dinámica; o pai era un oficial do exército británico e ademais un experto escultor e oleiro, que ensinou escultura arquitectónica na pouco antes fundada Escola Jejeebhoy de Arte e Industria, en Mumbai. A parella viaxara á India a comezos de 1865, e coñecéranse dous anos antes no lago Rudyard en Staffordshire, Inglaterra. A casa onde Rudyard naceu aínda está en pé, nos terreos do Instituto de Artes Aplicadas Sir J.J., onde na actualidade vive o decano da institución.
Mapa coas localizacións de Kipling na India.

Con 6 anos o pai enviouno a el e maila irmá Trix ao fogar social Lorne Lodge en Southsea (Portsmouth), para que se educasen alí durante os seguintes 6 anos. Ao non ter os pais preto sentíase só e abandonado, e lembraríao como unha triste infancia no seu autorretrato Algo de min mesmo, publicado logo da súa morte en 1937. Os dous nenos, con todo, tiñan parentes en Inglaterra que podían visitar. Pasaron os meses de Nadal coa súa tía materna e o seu home, o artista Edward Burne-Jones, na súa casa, 'The Grange' en Fulham, Londres, á que Kipling se refería como "un paraíso que en verdade creo que me salvou". Na primavera de 1877, a súa nai volveu da India e tirou os nenos do internado.

En 1878, ingresa ao United Service College, unha escola de Devonshire, creada especialmente coa finalidade de educar os fillos dos oficiais non demasiado ricos. Durante este tempo, Kipling coñeceu a Florencia Garrard, de quen namorou, e que lle inspirou o personaxe Maisie na súa primeira novela A luz que se apaga (1891). Cara ao final da súa estadía na escola, era visto que non tiña nivel académico como para conseguir unha bolsa en Oxford, e os seus pais non contaban con recursos para financialo, así que o seu pai lle conseguiu un emprego en Lahore (Paquistán) onde era o director da Colección Nacional de Arte de Lahore e garda do Museo de Lahore. Kipling foi asistente editor dun pequeno xornal local, A Gaceta Civil e Militar. Dirixiuse cara a India o 2 de setembro de 1882 e chegou a Mumbai o 20 de outubro.
Como xornalista

A Gaceta Civil e Militar de Lahore, que Kipling chamaba, "o meu primeiro amante e o amor máis verdadeiro", aparecía seis días á semana durante todo o ano agás en Nadal e Pascua. Kipling traballou moito para o redactor, Stephen Wheeler, pero a súa necesidade de escribir era imparable. En 1886, publicou a súa primeira colección de versos, Cantilenas departamentais. Ese ano tamén houbo un troco de redactor e asumiu o cargo Kay Robinson, quen lle permitiu unha maior liberdade creativa e quen lle pediu que redactase historias curtas para publicalas no xornal.
Primeira edición: Contos chans dende os outeiros, 1888.

Mentres tanto, no verán de 1883, Kipling por primeira vez visita Simla (actual Ximla). Alí pedíronlle a seu pai que pintase un fresco na Igrexa de Cristo. Kipling regresou a Ximla todos os anos desde 1885 a 1888, e a cidade figura en moitas historias escritas por Kipling para a gaceta.

De volta en Lahore, publicou trinta e nove historias na Gaceta entre novembro de 1886 e xuño de 1887. Unha parte importante desas historias foron incluídas en Contos chans dende os outeiros, a primeira colección de prosa de Kipling, que foi publicada en Calcuta en xaneiro de 1888, un mes despois do seu aniversario 22º. En novembro de 1887, transferírano a un xornal irmán da Gaceta, pero máis importante, o Pioneer, en Allahabad, en Uttar Pradex (daquela chamado as Provincias Unidas de Agra e Oudh). No seguinte ano publicou seis coleccións de historias curtas: Tres soldados, A Historia de Gadsbys, En branco e negro, Baixo o cedro do Himalaia, A rickshaw pantasma, e Pequeno Willie Winkie, que contiñan en total 41 historias. Ademais, como correspondente do Pioneer na rexión occidental de Raiputana, escribiu moitos bosquexos que máis tarde foron recollidos en Letters of Marque e publicados en Dun mar a outro.
Portada de Tres soldados.

A principios de 1889, o Pioneer despediu a Kipling por un conflito. Kipling vendeu os dereitos dos seis volumes de historias a 200 £ , e de Contos dos outeiros a 50 £. Con iso e mais coa liquidación de seis meses de soldo do xornal, volveu a Londres, o centro do universo literario no Imperio Británico.

O 9 de marzo de 1889, Kipling saíu da India, viaxando primeiro a San Francisco vía Iangon, Singapur, Hong Kong e Xapón. Viaxou aos Estados Unidos para escribir artigos para o Pioneer, que tamén foron engadidos a Dun mar a outro.

Comezou a súa viaxe por América en San Francisco, logo foi ao norte de Portland (Oregón), tamén estivo en Seattle (Washington); Logo viaxou a Canadá, visitando Victoria e Vancouver, volveu aos Estados Unidos e visitou o Parque Nacional de Yellowstone; baixou a Salt Lake City; logo cara ao leste en Omaha e en Chicago; logo quedou un tempo en Indian Village no río Monongahela; e finalmente foi a Elmira, en Nova York, onde coñeceu a Mark Twain, e cruzou o Atlántico aportando en Liverpool en outubro de 1889.

wikipedia

Otros libros del autor

  • POR EL BIEN DE LA HUMANIDAD
    Titulo del libro
    POR EL BIEN DE LA HUMANIDAD
    KIPLING, RUDYARD
    En la década de 1880, Rudyard Kipling trabajó durante siete años como reportero de las revistas hindúes Civil and Mi...
    RECÍBELO EN 72H

    29,95 €

  • CUENTOS DE PERROS
    Titulo del libro
    CUENTOS DE PERROS
    KIPLING, RUDYARD
    En 1934, dos años antes de su muerte, Rudyard Kipling reunió en un volumen nueve cuentos y cinco poemas dedicados a ...
    RECÍBELO EN 72H

    16,90 €

  • CAPITANES INTRÉPIDOS
    Titulo del libro
    CAPITANES INTRÉPIDOS
    KIPLING, RUDYARD
    Escrita durante su periodo de residencia en Estados Unidos, " Capitanes intrépidos " (1897) es la única ...
    RECÍBELO EN 72H

    10,00 €

  • EL LIBRO DE LA SELVA
    Titulo del libro
    EL LIBRO DE LA SELVA
    KIPLING, RUDYARD
    Mowgli, un niño humano, es acogido por una manada de lobos tras perderse en la selva. Con ellos y con otros animales...
    RECÍBELO EN 72H

    11,50 €

  • EL LIBRO DE LA SELVA (BILINGUE) THE JUNGLE BOOK
    Titulo del libro
    EL LIBRO DE LA SELVA (BILINGUE) THE JUNGLE BOOK
    KIPLING, RUDYARD
    RECÍBELO EN 72H

    6,95 €