CARLOS CASARES.UN CONTADOR DE HISTORIAS.VIDA E OBRA

CARLOS CASARES.UN CONTADOR DE HISTORIAS.VIDA E OBRA. VIDA E OBRA

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-9151-039-0
Páginas:
180
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

11,90 €
Comprar

Para conmemorar o Día das Letras Galegas de 2017, dedicado a Carlos Casares, Editorial
Galaxia publica unha biografía do escritor na que o relato da súa vida se relaciona coa súa
obra. O profesor Henrique Monteagudo é o autor de Carlos Casares. Un contador de historias,
libro no que vida e obra do novelista se iluminan mutuamente poñendo ao dispor dos
lectores tanto os aspectos literarios coma os humanos da traxectoria do autor homenaxeado no Día
das Letras Galegas.
As páxinas de Un contador de historias están constituídas polo relato da vida de Carlos Ca -
sares, no que se presta atención especial aos aspectos relacionados coa súa produción literaria
e xornalística, sen esquecer a súa contribución á cultura e á sociedade galegas pero tendo en
conta que Carlos Casares foi sobre todo un escritor e como tal debe ser principalmente valorado.
Para maior claridade na exposición, o profesor Monteagudo divide o percorrido biográfico en
catro etapas que vencella con catro períodos da obra do autor de Ilustrísima: 1. A ledicia do ve -
rán: Infancia e mocidade en Xinzo e Ourense (1941-1962); 2. Soños prohibidos: revelación do
escritor (1962-1974); 3. Vento de cambio: tempos de crecemento (1975-1985); 4. O sillón azul: plenitude
(1986-2002).
Unha biografía que é ao tempo retrato do personaxe e interpretación da significación
da súa obra. Unha achega imprescindible para entender tanto a historia da literatura coma a cultura
e sociedade galegas do seu tempo.
CARLOS CASARES (Ourense, 1941-Vigo, 2002) foi membro da Real Academia Galega e
presidente do Consello da Cultura Galega, foi tamén presidente do PEN Clube de Galicia
e director da Editorial Galaxia e da revista Grial. Ao seu primeiro libro, Vento ferido
(1967), seguiron as novelas Cambio en tres (1969) e Ilustrísima (1981), e entre os numerosos
premios que recibiu pola súa obra, cómpre salientar o Premio Galaxia no ano 1976 pola novela
Xoguetes para un tempo prohibido e o Premio da Crítica Galega polo libro de relatos Os escuros
soños de Clío (1982). En 1987 publicouse Os mortos daquel verán e posteriormente as no -
velas Deus sentado nun sillón azul e O sol do verán esta última de xeito póstumo.

Otros libros del autor