CARTAS DAS HEROÍNAS

CARTAS DAS HEROÍNAS

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
Materia
CLÁSICA
ISBN:
978-84-17388-07-2
Páginas:
240
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

19,00 €
Comprar



Cartas das Heroínas de Ovidio, traducida do latín ao galego por primeira vez, consiste nunha colección epistolar en verso. En total, son 21 cartas de amor escritas e dirixidas aos seus amados polos personaxes femininos da mitoloxía e a literatura. nas que se abordan o olvido, a distancia, o abandono ou a perda.
As Cartas das Heroínas constitúen unha obra peculiar dentro da produción do vate. Preceden inmediatamente a triloxía Amores, Remedia amoris e Medicamina faciei femineae (Afeites para o rostro da muller), e retoman a súa esencia nas Tristia (Tristes) e nas Epistulae ex Ponto (Pónticas).
Esta obra presenta dúas características que poderiamos emparellar coas devanditas obras: o protagonismo da mitoloxía e a súplica polo regreso.
Publio Ovidio Nasón (Sulmona, actual Italia, 43 a.C. – Tomis, actual Constanza, 17 d.C.) foi un poeta latino. Educado nas artes da política, estudou en Roma e completou a súa formación en diversas cidades do mundo grego, pero abandonou a política para dedicarse por completo á poesía, tras herdar a facenda do seu pai.
Tivo numerosas amantes e casou tres veces (con dous divorcios), experiencias que lle servirían para escribir boa parte da súa obra, como Arte de amar, publicada nun volume coa obra Remedios do amor na nosa Colección Vétera. Esta é unha das súas obras máis coñecidas, xunto con As metamorfoses, nas que recolle relatos mitolóxicos do mundo grego adaptados á cultura latina da época.

Otros libros del autor

  • METAMORFOSIS
    -10%
    Titulo del libro
    METAMORFOSIS
    OVIDIO
    Obra maestra de la literatura universal, las ?Metamorfosis? de Ovidio (43 a.C.-17 d.C.) han fascinado a escritores y...
    En stock

    17,95 €16,16 €

  • METAMORFOSIS
    Titulo del libro
    METAMORFOSIS
    OVIDIO
    Las "Metamorfosis" es una obra esencial en la historia de Occidente y en el conocimiento y la transmisión de las cul...
    RECÍBELO EN 72H

    9,95 €

  • TRISTEZAS DE UN EXILIADO
    Titulo del libro
    TRISTEZAS DE UN EXILIADO
    OVIDIO
    Ovidio regresa en esta obra a la tradición elegíaca para componer canciones de lamento, originadas por la desesperac...
    RECÍBELO EN 72H

    21,95 €

  • ARTE DE AMAR
    Titulo del libro
    ARTE DE AMAR
    OVIDIO
    «Mientras podéis y vivís todavía años primaverales, divertíos: los años se van como el agua que corre.» Así anima Ov...
    RECÍBELO EN 72H

    3,95 €

  • CARTAS DE LAS HEROÍNAS
    Titulo del libro
    CARTAS DE LAS HEROÍNAS
    OVIDIO
    Nacido en Sulmona en 43 a.C., Ovidio es uno de los máximos poetas de la Antigüedad, grandeza que se revela tanto en ...
    RECÍBELO EN 72H

    13,95 €