CARTAS EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ

CARTAS EMILIO GONZÁLEZ LÓPEZ. ARIAS-ANDREU RODRIGUEZ

Editorial:
TRIFOLIUM
Año de edición:
ISBN:
978-84-935325-0-5
Páginas:
224
Encuadernación:
Rústica
Colección:
CONTEXTOS
Disponibilidad:
En stock

16,00 €
Comprar

A través das súas 218 páxinas, esta obra recompila 92 cartas remitidas por senlleiros persoeiros da política e a cultura tanto galega como española, como Castelao, Otero Pedrayo, Claudio Sánchez Albornoz, Fernando Valera, Jesús M. de Leizaola, Gorkin, Ramón Esturau, Rodolfo Prada e Xerardo Álvarez Gallego, entre outros. O contido das misivas, así como as xentes que as remitiron, é singularmente variado, como variada foi a vida do ilustre político e investigador coruñés. As de contido político, referidas fundamentalmente á situación do país baixo a dictadura franquista, actuacións desde o exilio e movementos e posicionamentos nos primeiros anos da transición, en tanto as culturais aportan unha interesante información sobre o labor desenvolvido por González López como escritor e investigador, así corno sobre a súa intervención en xornadas galegas organizadas po1as sociedades da emigración. A transcrición das 92 cartas incluídas no libro respectou escrupulosamente a escrita dos seus autores, sen rnodificacións nin actualizacións de ningún tipo que menoscabara o fondo respecto que os seus asinantes merecen. Son obxectivos do libro contribuir á recuperación da nosa memoria histórica no ano no que se cumpre o setenta aniversario do levantamento militar do 36 que deu comezo a unha Guerra Civil que desencadeou morte, represión e silenzo. Personificado na figura de Emilio González López, este libro quere render unha homenaxe a todos aqueles que quixeron construír un país en liberdade e pagaron un alto prezo por elo.