CATAS NA MEMORIA

CATAS NA MEMORIA. A PERSECUCIÓN FRANQUISTA NO VAL DE MIÑOR

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
ISBN:
978-84-8487-505-5
Páginas:
327
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
ENSAIO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

24,95 €
Comprar

Durante anos a memoria , como o fío de Ariadna , andou a turrar de min . Xurdindo en intrascendentes conversas de boa veciñanza , nas lecturas de libros de amigos ou entre saloucos agoniados polo fogar ausente , profundando a sensación de inxustiza que comete un estado autoproclamado democrático coa cidadanía perseguida por un réxime que concentrou e expandiu todas as perversións do século pasado . Agora , co pouso do tempo , refago , reelaboro escritos sobre a persecución franquista no Val de Miñor esbozados en momentos de intensidade actividade memorialista , consciente de que o labor non só non está esgotado , senón que a memoria aínda non virou en historia .