COMO FACER COUSAS CON PALABRAS

COMO FACER COUSAS CON PALABRAS

Editorial:
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA USC
Año de edición:
Materia
LENGUAS
ISBN:
978-84-10142-42-8
Páginas:
249
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
RECIBELO EN 72H

10,00 €
Comprar

Se por algo vai ser recordado este libro de filosofía é pola teoría que desenvolve, a dos actos de fala. Non é propiamente un libro de lingüística porque non se concentra na oración ou nalgún dos seus equivalentes actuais en uso (proposición, sentenza, cláusula, frase...). O seu obxectivo principal é a acción que se exerce a través da linguaxe, son os actos de fala. É unha visión filosófica da linguaxe. Austin inaugura para a filosofía e a ciencia da linguaxe un fértil ámbito de estudo no que se segue a debater sobre a mellor maneira de tratar a complexa relación entre as palabras e a acción. A teoría dos actos de fala ten un enorme potencial para achegarse a cuestións políticas coma a da inxustiza discursiva dentro da filosofía feminista da linguaxe, a ámbitos como a filosofía do humor a través do estudo dos actos de fala humorísticos, á filosofía do dereito (en particular, á cuestión de como se cometen delitos con palabras), á ontoloxía do social ou ao estudo da diversidade cultural nas formas en que a xente trata de realizar accións verbais dentro dunha interacción social. Discorrido máis de medio século