CONTO AO CARÓN DO RÍO

CONTO AO CARÓN DO RÍO

Editorial:
INDECISA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-124562-6-4
Páginas:
126
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

17,00 €
Comprar

"Conto ao carón do río", de Oihane Amantegi, é unha novela curta e poderosa, que Isaac Xubín traduciu ao galego desde o éuscaro. É o sexto título do noso catálogo e comeza a chegar estes días ás librarías. Estamos moi contentos de anuncialo. ??

Situada nun lugar remoto de Xeorxia, ao sur dos Estados Unidos, a autora é quen de erguer un relato atemporal sobre a construción do recordo, o loito e as ausencias, atravesado pola ollada infantil dunha voz narrativa evocadora e persoal.

A familia e a casa, o mel e a colmea, o soño e a simetría ou as mitoloxías da morte son os vimbios que dan forma a un universo simbólico fértil e inquedante como a beira do río Ochlockonee, que asexa detrás de cada páxina e mergulla a quen le nunha atmosfera magnética.

Oihane Amantegi (Amorebieta-Etxano, 1985) é licenciada en Antropoloxía Social e Cultural e traballa no campo da escrita, a traducción, a investigación social e a docencia. "Ibaiertzeko ipuina" (Elkar, 2020), traducida agora ao galego como "Conto ao carón do río", é a súa primeira novela, e con ela recibiu o premio Zazpi Kale Saria da Feira do libro de Bilbao na categoría de novela curta.