CONTOS DE AMOR LOUCURA E MORTE

CONTOS DE AMOR LOUCURA E MORTE. TRD. RODRIGO VIZCAINO

Editorial:
URCO
Año de edición:
ISBN:
978-84-15699-01-9
Páginas:
312
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
GOTICA
Disponibilidad:
CONSULTE DISPONIBILIDAD

14,00 €
Comprar

Visto desde Europa, semella que o contado por Horacio Quiroga neste libro acontece nun mundo fantástico, onde todo é, á vez, exuberante, ameazante e abraiante. Porén, ben pode ser que na Amazonía isto sexa, simplemente, a vida cotiá.
Esta colección de relatos modernistas e realistas é un dos piares do conto contemporáneo e antecedente directo do que décadas máis tarde sería coñecido como «Real marabilloso». A morte, omnipresente na obra do uruguaio, a intensa relación coa natureza, a deshumanización do ser humano e a humanización da flora e fauna son só algúns dos trazos que caracterizan esta escolma de relatos. Un dos clásicos máis relevantes da literatura latinoamericana do século XX.
Todo amante do relato curto, sexa gótico ou non, ten que ler esta obra e non perderse contos como «A galiña degolada», «O almofadón de plumas» ou «O mel silvestre», pequenas xoias da narrativa do século pasado.

Otros libros del autor