Sinopsis
O libro que tes nas mans está destinado unicamente a ollos peculiares. Se por casualidade non te contas entre as filas dos seres extraordinarios (noutras palabras, se non espertas no medio da noite flotando sobre a cama porque esqueciches atarte ó colchón, se non che brotan chamas das palmas das mans en momentos inoportunos nin mastigas a comida coa túa boca posterior), por favor, devolve este libro de inmediato ó lugar onde o atopaches e esquece que isto sucedeu. Non te preocupes: non vas perder nada. Estou seguro de que os relatos aquí contidos che resultarían estraños, desacougantes e en absoluto do teu gusto. E en calquera caso, non son asunto teu.
Autor: Riggs, Ransom
Riggs, Ransom
Ransom Riggs naceu nunha granxa de Maryland e medrou ao sur de Florida. Estudou literatura e cine. A súa obra Miss Peregrine’s Home for Peculiar Children foi levada ao cine por Tim Burton e deu pé a unha saga de libros, entre os que se atopa Contos para nenos peculiares. Vive en Los Angeles coa súa muller, tamén escritora, e a súa familia.