DA VENDIMA ? ZAFRA

DA VENDIMA ? ZAFRA

Editorial:
SOTELO BLANCO
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-7824-539-0
Páginas:
104
Encuadernación:
BOLSILLO
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

10,00 €


Descrición

Un labrego de Eiras (San Amaro) embarca para Cu­ba con quince anos. Xa vello, rememo­ra na Habana a potencia campesiña da bocarribeira de Razamonde nos comezos do século xx: ri­quísima en viño e carne, libérrima no fornicio pero implacábel na lei tribal do casamento; festeira e bailadora pero violenta, con código de pólvora e ma­chado, polas estremas e contra os mo­zos pretendentes das aldeas veciñas.
Entrampado polos ganchos (os axen­tes das navieiras que vendían billetes para América a comisión), o protagonista foxe de polisón nun vapor para vivir un susto cada hora, coma os per­seguidos de Barrigaverde. Xa na beira da costa cubana, o rapaz rompe a cho­rar cando o sorprende un cociñeiro: «A fin de contas –recorda– era un cati­vo: só tiña quince anos». O pícaro supera a Huckleberry Finn na súa inventiva para sobrevivir na tra­vesía e na Cuba que resiste xa no pri­meiro cuarto do século xx a inxerencia norteamericana. Re­par­te carbón, apren­de a conducir un Ford T, faise cociñeiro experto, poceiro, tractorista na zafra e mecánico dun ingenio até que a Re­vo­lución lle asegura un merecido retiro.