PEDREIRA, EMMA ; BESTEIROS, MARIA
Co gallo do Día das Letras Galegas a Universidade da Coruña acode, unha vez máis, a esta cita anual dando ao prelo o presente volume que ten como protagonista a Be¡goña Caamaño. Da man de dúas boas coñecedoras da súa obra, Emma Pedreira e María Besteiros, quen se achegue ás páxinas que seguen atopará un diálogo crítico e creati¡vo coa súa produción narrativa. Unha aposta, afastada do enfoque conmemorativo convencional, que propón unha lectura activa da obra de Caamaño con que prolongar e actualizar as liñas teóricas e estéticas que a caracterizan e que a sitúan como unha figura central da literatura galega contemporánea.