EN INÉDITO SILENCIO

EN INÉDITO SILENCIO. POEMARIO LIBRO, CD E MARCAPÁXINAS

Editorial:
EDICIÓNS IMAXINARIAS
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-92-0-400889-0
Disponibilidad:
En stock

13,00 €
Comprar

Un traballo de coidada produción, que impactou emocionalmente a aquelas persoas que ouviron a súa versión maqueta. Non vola perdades, edición limitada.

Ana Fernández (deseño e arte), Esther Raíndo (debuxos), André Cerdido Pastor (poemas, declamacións e selección musical).

A poesía, as ilustracións e a creación sonora, conflúen EN INÉDITO SILENCIO, poemas lanzados ao vento. Unha produción da que nace Edicións Imaxinarias, como fórmula de autoxestión fronte a edición tradicional e a coedición.

O radiofonista local independente André Cerdido Pastor -Pequeno Monstro, a deseñadora gráfica Ana Fernández, e a ilustradora de Canido Esther G. Raíndo, xuntan alentos nesta suite poética onde a natureza se converte en escenario principal, nun teatro onde discorren os tres actos da obra -Amencida, Latexo, Partida- somerxendo ao lector nunha dimensión onde realidade e soño se confunden.

O resultado é un inusual libro de poemas en galego e castelán, tecido artesanalmente e ilustrado con evocadores debuxos. Completa a obra un CD de creación sonora, nunha cativadora adaptación dos versos, na voz autor.

Book art-trailer: https://youtu.be/2BefF2xIrDM