EN VÍAS DE EXTINCIÓN

EN VÍAS DE EXTINCIÓN

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9914-382-8
Páginas:
400
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

24,50 €
Comprar

Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable posible, invocando a revolución de ser quen se é sen compromisos, a través de batallas sen reféns, e poñendo o que se pensa sempre por diante.
Un día, o seu traballo como intérprete fai que a súa traxectoria se cruce coa da cantante de máis éxito do momento. Daquela, todas as certezas que ela manexara semellan estar en perigo. Ou, se cadra, é nesa intersección que de súpeto atopa onde as súas pólas de montañesa políglota e viaxada poden chegar ao máis fondo do ceo.
En vías de extinción é unha novela que fala dos mundos que esvaecen pero aínda están aí, das persoas que loitan por mantelos e por transformalos dunha maneira única. En vías de exntición é unha novela escrita como as vetas das árbores que, dun xeito innovador, nos deixan percorrer das pólas ás raíces. Eis a diversidade cultural, as fendas entre a vida rural e urbana e o potencial de conxugar todas as marxes para facer delas o centro da vida propia.

Otros libros del autor

  • FURIA
    Titulo del libro
    FURIA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Tras la muerte de su madre, Cecilia, una adolescente de dieciséis años, no sabe convivir con el dolor. Por si esto n...
    RECÍBELO EN 72H

    16,90 €

  • RETORNO
    Titulo del libro
    RETORNO
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Nun mundo onde a «Cobiza» deu paso á destrución, no momento en que as «Multitudes» se atopan na encrucillada, «Retor...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €

  • ¡BÁRBARAS!
    Titulo del libro
    ¡BÁRBARAS!
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    ¿Un proceso corporal y cultural que afecta en algún momento de la vida a más de la mitad de la población humana no d...
    RECÍBELO EN 72H

    16,90 €

  • FURIA
    Titulo del libro
    FURIA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • MULTITUDES
    Titulo del libro
    MULTITUDES
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Entre o desastre e a esperanza, os seres completos -parte humana e parte árbore- e as súas aliadas tentan cambiar o ...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €