FOLLAS NOVAS

FOLLAS NOVAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9121-009-2
Páginas:
496
Encuadernación:
Rústica
Colección:
CLASICOS
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

23,95 €
Comprar

Despois de "Cantares gallegos" (1863) e o remuíño que esta obra supuxo, Rosalía de Castro dá un paso decisivo no proceso de emerxencia do campo literario galego con "Follas novas" (1880). O seu lirismo intrasubxectivo e radical, lonxe do romanticismo convencional, a nova flexión realizada da alegoría nacional de Galicia e a renovada concepción estética e autónoma do feito literario acaban por selar o vigor da literatura en galego e testemuñan a apertura de horizontes do proxecto que Rosalía de Castro lideraba. Todo fai que "Follas novas" sexa considerada unha das grandes referencias da poesía galega de todos os tempos. Anxo Angueira, profesor da Universidade de Vigo, escritor e ensaísta, ademais dos seus estudos sobre Méndez Ferrín ("A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o sistema literario galego"), vén centrando as súas investigacións no Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Fernández Morales) e nas súas orixes (o Padre Sarmiento). Esta edición crítica de "Follas novas" ofrece, ademais dun longo estudo introdutorio, un detallado repertorio de notas sobre os textos e pormenorizados comentarios de cada un dos poemas. Imaxe de cuberta: retrato de Modesto Brocos, Fundación Rosalía de Castro.

Otros libros del autor

  • MIÑA CASIÑA, MEU LAR
    Titulo del libro
    MIÑA CASIÑA, MEU LAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    A loita pola supervivencia dos máis necesitados, a avaricia dos podentes, e malia todo a alegría por vivir e superar...
    RECÍBELO EN 72H

    15,90 €

  • LA FLOR, A MI MADRE, POESÍA DISPERSA E TRADUCIÓNS
    Titulo del libro
    LA FLOR, A MI MADRE, POESÍA DISPERSA E TRADUCIÓNS
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Despois de «Cantares gallegos» (1863), «Follas novas» (1880) e «En las orillas del Sar» (1884), esta entrega, que re...
    RECÍBELO EN 72H

    22,95 €

  • EN LAS ORILLAS DEL SAR
    Titulo del libro
    EN LAS ORILLAS DEL SAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Edición revisada y actualizada por Marina Mayoral, que ha dedicado una gran parte de su vida a estudiar la obra de R...
    RECÍBELO EN 72H

    9,50 €

  • EN LAS ORILLAS DEL SAR
    Titulo del libro
    EN LAS ORILLAS DEL SAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    Despois de «Cantares gallegos» (1863) e «Follas novas» (1880), «En las orillas del Sar» (1884) é un salto adiante e ...
    RECÍBELO EN 72H

    23,50 €

  • EN LAS ORILLAS DEL SAR
    Titulo del libro
    EN LAS ORILLAS DEL SAR
    CASTRO, ROSALÍA DE
    En las orillas del Sar sorprende por su carácter introspectivo y el predominio de la reflexión sobre la existencia d...
    RECÍBELO EN 72H

    22,00 €