“E ti, por que non traballas, Frederick?”,
	preguntábanlle os demais.
	“Eu traballo”, respondíalles Frederick.
	“Apaño raios de sol para os fríos días do inverno”.
	Unha familia de ratiños recolle provisións e todos traballan,
	agás Frederick, que aparentemente non fai nada.
	Pero sen que os demais o saiban, el tamén se aprovisiona:
	raiolas de sol, cores, palabras... Cando chega o inverno,
	os seus compañeiros recoñecen que a súa misión poética
	fora esencial para que os ratos sobrelevaran mellor a crueza
	da estación invernal. E así Frederick é aceptado tal e como é.