GALICIA 1972

GALICIA 1972. A CLASE OBREIRA E A CIDADANÍA CONTRA O FRANQUISMO

Editorial:
FUNDACIÓN 10 DE MARZO
Año de edición:
Materia
Hª UNIVERSAL
ISBN:
978-84-124871-0-7
Páginas:
446
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,00 €

Publicación do libro Galicia 1972. A clase obreira e a cidadanía contra o franquismo.
Este libro quere render un homenaxe a unha parte fundamental da nosa historia recente; unha historia que comeza cando o noso país viu como a liberdade e os dereitos se lle escapaban das mans coma a auga escorrega dun cesto. Despois chegou a escuridade; e dentro desa escuridade irrompeu a necesidade e as ganas de moitos homes e mulleres de arriscarse e loitar por recuperar os bens perdidos.

Nesta historia merece un capítulo especial o ano 1972. O acontecido naquela data selou o decir do noso país e marcou a vida de centos de homes e mulleres que puxeron contra as cordas a ditadura, nos seus derradeiros estertores.

A vida cotiá era tan dura e intensa que parte dos e das protagonistas, ao lles preguntar se tiñan a sensación de estar participando nun fito histórico, responden moi ao xeito galego: “Non, faciamos o que tiñamos que facer”

Poñer negro sobre branco todo o que estas persoas viviron ten, se cabe, máis importancia agora que se leva o de reescribiren a historia aqueles que non a protagonizaron, aqueles que a viviron desde outro prisma ou os que , co paso do tempo, prefieren aderezala pervertendo o realmente acontecido. Polo tanto, o sucedido en Ferrol, en Vigo e durante as revoltas na universidade de Santiago, a principios dese ano, son páxinas imprescindibles que contén esta obra, nacida para lembrar e non esquecer.

De aí a nosa vella reivindicación deque estes feitos deberían formar parte das ensinanzas impartidas en todos os colexios. Porque estamos ante un capítulo que mudou o rumbo da nosa historia recente e que moitos tentan terxiversar – como xa dixemos- ou agochar, e non recoñecer.

Hónranos dicir que en calquera das loitas actuais da clase obreira perdura o espírito do 72.