GALLEIRA PASSPORT CRÓNICAS VIAXEIRAS DO SÉCULO XXI OESTE DIVULGACIÓN ENSAYO

GALLEIRA PASSPORT CRÓNICAS VIAXEIRAS DO SÉCULO XXI OESTE DIVULGACIÓN ENSAYO. CRÓNICAS VIAXEIRAS DO SÉCULO XXI LUIS MENENDEZ GALLEIRA PASSPORT.CRONICAS VIAXEIRAS DO SECULO XXI

Editorial:
ALVARELLOS
Año de edición:
Materia
VIAJES Y VACACIONES
ISBN:
978-84-89323-57-5
Páginas:
243
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

19,00 €
Comprar

Literatura de viajes con relatos que atrapan desde el primer momento. "Galleira" significa Galicia en la jerga gremial de los afiladores, el irónico y mundial "barallete". El término le ha servido de inspiración a Luís Menéndez (Ourense, 1959), periodista ambulante, para entrelazar relatos de tres inolvidables travesías por las realidades multiculturales de veintiséis paises. Desde Irlanda a Bretaña, desde Estonia a Chipre, de Brasil y Timor Este hasta Mozambique...

GALLEIRA PASSPORT
CRÓNICAS VIAXEIRAS DO SÉCULO XXI
Luís Menéndez

Relatos de viaxes con historias que atrapan dende o primeiro intre. Galleira é Galicia na xerga gremial dos afiadores, o irónico e mundial barallete. O termo serviulle de alicerce a Luís Menéndez, xornalista ambulante, para ganduxar tres inesquecibles travesías polas realidades multiculturais de 26 países. Desde Irlanda a Bretaña, desde Estonia a Chipre, de Brasil e Timor-Leste ata Mozambique.

Con Limiar de Manuel Rivas e ilustrado con fotografías das mellores travesías.

Do autor das series documentais da Televisión de Galicia: Terras de Merlín, Terras do Leste e Terras de Acolá. Inclúe un código “QR” con acceso directo á series da TVG que orixinaron estas viaxes.


O autor/a

Luís Menéndez Villalva (Ourense, 1959) é licenciado en Xornalismo pola UCM (1981). Desenvolveu unha ampla traxectoria profesional internacional tendo sempre como pivote a súa terra, Galicia. Especialista no Camiño de Santiago, foi galardoado co Premio Nacional “Alvaro Cunqueiro” (1982). Traballou en numerosas publicacións de prensa, radio e televisión, e foi dos pioneiros da TVG desde onde creou a serie dos galegos no mundo pola que recibiu o Premio Galicia de Xornalismo (1990).Tamén, entre outros moitos proxectos multimedia, elaborou a triloxía documental das Terras de Merlín, Terras do Leste e Terras de Acolá, un compendium de diversidades culturais destiladas neste libro. É moi coñecida tamén a súa labor a prol dos dereitos dos xornalistas e da liberdade de prensa que defende desde o seu posto electo (Dublín, 2013) no comité executivo da International Federation of Journalists. Galleira passport é a terceira obra do autor despois de Toda Terra é dos homes. Galegos no Mundo e Vida e viaxes na Galeguidade

Revista de Prensa