(G)ANOMALIA

(G)ANOMALIA. MATERIALISMODO VERÁN POETA DE FERROLTERRA SAN SADURNIÑO

Editorial:
CHAN DA PÓLVORA
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-945701-9-3
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

8,00 €
Comprar

Chan da Pólvora Editora acaba de publicar Anomalía (Materialismo do verán), un libro que sinala o regreso á poesía de Carlos Lema, editor e filósofo a máis de poeta e activista cultural. Con Anomalía inauguramos unha nova colección, denominada Malaca de fóra, un nome vinculado (como todos os utlizados pola editora) a Ons. Neste caso, trátase dunhas rochas situadas ao sur da illa, perto do Pereiró, que se contrapoñen á Malaca de Terra. O formato da colección, deseñado por Manolo Martínez, é sorprendente e supón unha revisión do último título
da colección Rabo de Egua, Que teñas unha lectura solitaria, de Brane Mozetic, con tradución de Yolanda Castaño. Anomalía é un conxunto de catro composicións que lle dan un xiro sorprendente á obra poética deste autor galego, antes concibida a partir da melodía do pensamento e marcada agora por unha sintaxe con articulación máis emocional. O poema”, subliña Carlos Lema, “non é un medio, é un obxecto inútil e, como tal, carente de uso”.