GOLFARÓNS DE SANGUE

GOLFARÓNS DE SANGUE

Editorial:
LAIOVENTO
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8487-663-2
Páginas:
245
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

24,95 €
Comprar

O escritor de Caldas de Reis, a través da súa longa actividade na Administración Local, profundiza nos campos de referencia, vencéllase coas situacións contextuais galegas, axeitadas para artellar media ducia de libros de contos e novelas. Este denso corpus narrativo, encetado hai un cuarto de século, coas arreguizadas historias do wolfrom, chega arestora ao cumio con Golfaróns de sangue, novela alumeante, chea de tensións lindeiras, dun tempo de vingas sanguentas e crimes arrepiantes.

Fariña Jamardo adopta, nesta novela, unha estratexia complexa, anovadora. O discurso diexético artéllase sobre parámetros temporais dispares, e nárrase dende dúas perspectivas básicas. O autor consegue controlar a situación do axente, en doce escenas independentes, representadas cunha perspectiva externa, transmitida con formas verbais de terceira persoa do cronotipo pretérito. No mesmo espazo tópico, fumegante, da vella conciña aldeá, o derradeiro Xeitoso mantense omnipresente, alo longo da novela. As posturas acougadas, sentado na cadeira, a carón do remol cincento, trócanse nas accións kinésicas de erguerse, acadar a leña para avivecer o fogo, quentar a restregar as mans ateridas, diante das chamas, beber uns grolos de augardente.

Otros libros del autor

  • TIROLIRO A SETE VOCES
    Titulo del libro
    TIROLIRO A SETE VOCES
    FARIÑA JAMARDO, XOSÉ
    Esta novela trata das sete vidas inventadas de Pascoalete e a realidade da súa vida verdadeira de artista vilego rod...
    Disponible en 5 días

    17,75 €

  • CONCELLOS GALEGOS: PONTEVEDRA E SALVATERRA DE MIÑO
    Titulo del libro
    CONCELLOS GALEGOS: PONTEVEDRA E SALVATERRA DE MIÑO
    FARIÑA JAMARDO, XOSÉ
    Na parte especial de "Os Concellos galegos" adícase un capítulo a cada un dos 313 concellos de Galicia, facendo cons...
    Agotado

    30,34 €