GOTTLAND

GOTTLAND. A SOCIEDADE CHECA

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
Materia
HISTORIA MILITAR
ISBN:
978-84-17388-04-1
Páginas:
248
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

19,00 €
Comprar

Gottland compila unha serie de crónicas históricas, reportaxes e anécdotas sobre o período que vai dende a fin da Segunda Guerra Mundial ata o 2003, que retratan dunha forma erudita e amena a sociedade checa nunha época na que tivo que resignarse á falta de liberdades. Mariusz Szczygiel consegue dar cor a unhas historias reais que resultan máis interesantes ca a ficción.

A construción do monumento a Stalin máis grande do mundo, a ascensión e caída dunha estrela de cine da que Goebbels se namorou perdidamente, a lenda de Karel Gott, o Presley checo, o imperio económico de Bata ou os esforzos da sobriña de Kafka para fuxir do mito do escritor ofrecen un interesante material de partida para este libro.





SOBRE O AUTOR

Mariusz Szczygiel (Zlotoryja, 1966) estudou Xornalismo e Ciencias Políticas na Universidade de Varsovia, e dende 1990 colabora co diario polaco Gazeta Wyborcza.
Os seus traballos cítanse en todas as antoloxías de xornalismo polaco contemporáneo, e obtivo o Premio do Libro Europeo no ano 2009 por Gottland, traducido xa a unha vintena de linguas.