GRANITO

GRANITO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9121-753-4
Páginas:
568
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

22,50 €
Comprar

Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión. Fronte ao concepto de novela de non ficción, tan vencellada ao escritor Truman Capote en "A sangue frío", Álex Alonso aposta aquí pola ficción, iso si, elaborada a partir dun enorme traballo de documentación xornalística. "Granito" conta o salto ao baleiro de dous seres que xa levaban o fracaso marcado nas súas costas, nunha acción completamente improvisada, sen reflexión nin preparación previas: a acción case suicida de dous policías que non tiñan nada que perder. Ao mesmo tempo, a novela convértese nunha crónica sentimental, case documental, dos anos noventa en Galicia. En "Granito" Álex Alonso racha cunha convención nunca cuestionada na ficción galega ao reproducir no propio
diálogo dos personaxes a nosa realidade sociolingüística. Unha novela trepidante, intensa e reveladora.

Otros libros del autor

  • O TEITO É DE PEDRA
    Titulo del libro
    O TEITO É DE PEDRA
    ALONSO, ÁLEX
    «Naqueles primeiros días de xullo de 1936, don Antonio Cerqueira, elegantemente vestido co seu traxe de xastrería, c...
    En stock

    19,50 €

  • PACK AVENTURA RODRIGUEZ
    Titulo del libro
    PACK AVENTURA RODRIGUEZ
    ALONSO, ÁLEX
    A camino entre el álbum ilustrado y el cómic para primeros lectores (6años). Historia cargada de aventura en la que ...
    RECIBELO EN 72H

    23,90 €

  • O ESTRANXEIRO
    Titulo del libro
    O ESTRANXEIRO
    ALONSO, ÁLEX
    Nun dos seus ires e vires polas rúas de Vigo, Manuel María Pereira Nespereira acaba coa vida dun home nos servizos d...
    RECÍBELO EN 72H

    17,50 €

  • BULLYING
    Titulo del libro
    BULLYING
    ALONSO, ÁLEX
    Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre todo, o...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • TEMPOS DE BEBIDAS ISOTÓNICAS E FAST-FOOD
    Titulo del libro
    TEMPOS DE BEBIDAS ISOTÓNICAS E FAST-FOOD
    ALONSO, ÁLEX
    Tempos de bebidas isotónicas e fast-food está constituído por trinta relatos breves que deitan unha ollada, unhas ve...
    RECÍBELO EN 72H

    19,50 €